Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"A medida que ía adquirindo coñecementos e superando materias víame máis capacitado para afrontar un maior número delas. Este último ano matriculeime de 12 materias, cando no meu primeiro ano só o facía de 3"

26 de octubre de 2016

Felix Fraguela, licenciado en Dereito pola UNED, curso 2015/2016.

Felix Fraguela Santos é membro das Forzas e Corpos de Seguridade desde o ano 1993. Este ano licenciouse en Dereito na UNED.

Por que decidiches realizar os teus estudos de Dereito na UNED?

"Pola posibilidade de realizar os estudos a distancia, xa que polo meu traballo e responsabilidades familiares facíanme imposible facelo presencialmente".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Por unha cuestión persoal, aínda que a nivel profesional tamén me resultaba proveitoso".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Foi un proceso progresivo -de menos a máis-. A medida que ía adquirindo coñecementos e superando materias víame máis capacitado para afrontar un maior número delas. Este último ano matriculeime de 12 materias, cando no meu primeiro ano só o facía de 3".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"A curto prazo axúdame a ter unha maior confianza no meu labor diario. A medio prazo ábreme posibilidades para ascender no meu traballo, así como a opción dun cambio de rumbo profesional e dedicarme a labores específicos do Dereito".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Podo dicir que en todo momento sentín arroupado por toda a familia e sen o apoio deles creo que xamais o conseguiu.

No plano persoal tiven que sacrificar días das miñas vacacións e do meu tempo libre, aínda que eu non o considerei como tal. Creo que o maior sacrificio fixérono a miña muller e os meus fillos, pero especialmente a miña muller xa que é a que directamente se vió afectada da miña dedicación aos estudos".

Un pequeno xogo: tres aspectos positivos e tres non tan positivos do teu paso por esta universidade.

"Positivos: responsable, flexible e dinámica. Negativos: distante, solitaria e ardua".

Anímasche a seguir estudando?

"Por suposto, aínda que será o ano que vén. Estou a dubidar entre o grao en Ciencias Xurídicas, en Psicoloxía ou estudar algún idioma".

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es