Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo de matrícula da UNED Sénior para o segundo cuadrimestre

11 de enero de 2019

Todas as persoas maiores de 50 anos interesadas poderán formalizar a súa matrícula ata o 08 de febreiro

A UNED da Coruña abriu ata o próximo 8 de febreiro o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre do programa formativo UNED Sénior, dirixido a persoas maiores de 50 anos que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos sen realizar exames.     

O obxectivo deste programa é ofrecer unha modalidade aberta a persoas que buscan unha formación continua, mellorar a súa calidade de vida, ampliar os seus coñecementos e fomentar as relacións interpersoais.     

O programa é aberto e moitas materias cambian en cada curso; con todo, cada estudante pode matricularse no número de materias que desexe e nas que estea interesado/a. Este curso 2018/19 no programa da UNED Sénior da Coruña ofértanse 25 materias, 13 das cales se imparten neste segundo cuadrimestre, entre as que se atopan as seguintes: Patrimonio Histórico, Actividade física e Incidencia na saúde, Cultura musical de Galicia, Historia da arte, Iniciación á lingua inglesa II ou Introdución á informática, Internet e correo electrónico, entre outras.     

As clases comezarán o próximo 11 de febreiro e finalizarán o 31 de maio de 2019.      

Este primeiro cuadrimestre, no programa UNED Sénior do Centro houbo un incremento dun 17% de estudantes, pasando de 329 alumnos/as no curso pasado, a 385 este ano.      

Para coñecer máis sobre o programa da UNED Sénior da Coruña preme aquí.

Máis información en Secretaría do C.A. UNED A Coruña ( c/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es     

Tamén podes solicitar información nos concellos colaboradores onde hai Aulas da UNED Sénior da Coruña.

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es