Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Segundo período de matrícula UNED

1 de febrero de 2016

Do 1 de febreiro ao 7 de marzo de 2016.

Quen se pode matricular nesta segunda convocatoria de matrícula?

  1. Estudantes que non se matricularon na convocatoria de setembro.
  2. Estudantes que se matricularon na convocatoria de setembro dun mínimo de 40 créditos e queiran ampliar a súa matrícula.
  3. Os estudantes que non cumprindo o requisito anterior, réstenlles para concluír o plan de estudos, á parte do Traballo Fin de Grao ou Máster, dúas materias cuadrimestrais ou unha anual.

E que pasa co Traballo Fin de Grao (TFG) ou Traballo Fin de Máster (TFM)?

Só permitirase a matrícula nas materia de Traballo Fin de Grao cando ao estudante réstenlle para concluír o seu plan de estudos, á parte do Traballo Fin de Grao, dúas materias cuadrimestrais ou unha anual, sempre que se matricule de todas elas, incluído o TFG. Salvo*

  • O Grao de Psicoloxía non se admitirá a matrícula do TFG en ningún caso.
  • Supedítase ao que se determine na súa normativa específica ou, na súa falta, á aprobación do Coordinador de Grao, a matrícula do TFG no Grao en Historia da arte e os Graos pertencentes ás Escolas de Enxeñería Informática e Industriais.
  • A matrícula da materia de Traballo Fin de Máster está condicionada á aceptación por parte da Comisión Coordinadora do Máster.

De cales non se poden matricular?

  • Materias con prácticas curriculares ou experimentais.
  • Materias anuais ou do primeiro cuadrimestre, salvo no caso de estudantes que se atopen no suposto que non cumprindo o requisito do suposto (3), réstenlles para concluír o plan de estudos, á parte do Traballo Fin de Grao ou Máster, dúas materias cuadrimestrais ou unha anual.

E o pago?

  • Non se admitirá o pago aprazado.

Cales son os requisitos de acceso neste segundo período de matrícula?

  • O estudante debe cumprir os requisitos de acceso e, no seu caso, de familia numerosa, antes do 1 de outubro do curso vixente.

Cal é o prazo deste segundo período de matrícula?

  • Do 1 de febreiro ata o 7 de marzo de 2016.

Máis información aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

matriculaunedacoruna9754
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es