Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Apertura Oficial de Curso 2015/2016

2 de octubre de 2015

Entrega de diplomas aos novos alumnos titulados no curso 2014/2015.

O próximo 23 de outubro, o Reitor da UNED Alejandro Tiana, presidirá o Acto Oficial de Apertura de Curso Académico 2015/2016 do Centro Asociado UNED A Coruña. Estará acompañado dos membros do Padroado, en representación das súas institucións, de Germán Carro e Ana Mónica Novo, director e secretaria do Centro. Desenvolverase, como vén sendo habitual, no salón de actos do edificio, a partir das 18:30 horas.

Este ano pronunciará a lección inaugural Felipe-Senén López Gómez; lección que ten como título: "A Cultura a través dous Museos". Coñecido arqueólogo e museólogo, Felipe-Senén participa no Programa UNED Sénior deste Centro desde os seus inicios. É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago e durante un período de tempo, foi director do Museo Arqueolóxico da Coruña. Actualmente é Técnico de Xestión Cultural e Museólogo da Deputación da Coruña, membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. Pertence ao Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos e á Comisión de Patrimonio Cultural do Consello da Cultura Galega e é fundador e presidente de Amigos dos Museos de Galicia.

O programa previsto será o seguinte:

  • Lectura da Memoria do Curso 2014/2015 pola secretaria do Centro,  Ana Mónica Novo.
  • Lección Inaugural "A Cultura a través dous Museos", a cargo de Felipe-Senén López Gómez.
  • Palabras do director do Centro Asociado, Germán Carro.
  • Intervención das autoridades asistentes ao Acto.
  • Entrega de diplomas aos novos alumnos titulados no curso 2014/2015.
  • Declaración de Apertura do curso 2015/2016, a cargo do Reitor da UNED, Alejandro Tiana.
  • Interpretación do Gaudeamus Igitur, a cargo da Coral Polifónica "O Eco".

Invitación ao Acto.

Nota de Prensa.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

actoapertura2015previo4602
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es