O próximo 21 de outubro, a partir das 19:00 horas, está previsto que o Centro Asociado UNED A Coruña celebre o Acto de Apertura de Curso Académico 2016/2017, na súa sede situada na rúa Educación, 3, da cidade.
Este ano a lección inaugural, titulada "Educación, Redes Sociais e cambios na nosa sociedade" correrá a cargo de Manuel Alonso Castro Gil, Doutor Enxeñeiro Industrial, especialidade Electricidade, intensificación Electrónica e Automática pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSII) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM).
Actualmente é catedrático de Universidade da área de Tecnoloxía Electrónica no Departamento de Enxeñería Eléctrica, Electrónica e de Control, ETSII da UNED e ostenta o cargo de director no Departamento.
Entre os cargos académicos que ocupou na UNED, foi vicerreitor de Novas Tecnoloxías, así como director do Centro de Servizos Informáticos; subdirector de Investigación e subdirector de Xestión Académica da ETSII.
Publica regularmente libros técnicos, de investigación e didácticos e material multimedia dentro das súas liñas de investigación e docencia; realiza programas de radio, televisión, etc.
Obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento da UPM así como o Premio Viesgo 1988 á Tese Doutoral pola achega á Investigación Científica sobre Aplicacións da Electricidade nos Procesos Industriais. Obtivo o Premio aos mellores Materiais Didácticos en Ciencias Experimentais do Consello Social da UNED nos anos 1997 e 1999 e recibiu o premio á "Innovative Excellence in Teaching, Learning & Technology" do "Center for the Advancement of Teaching and Learning" do ano 2001.
Participa en numerosos proxectos de investigación como investigador, coordinador e director, e publica en revistas e congresos, tanto nacionais e internacionais, nas áreas de aplicacións de simulación en sistemas, sistemas baseados en microprocesadores avanzados, sistemas solares ou aplicacións e sistemas de ensinanza a distancia e telemática ata a enxeñería eléctrica asistida por ordenador (CAEE), exercendo como director técnico sénior.
Pertence ao comité organizador dos congresos IEEE EDUCON, IEEE FIE (Chair Internacional e de Europa, 2000-2006), ISES, TAEE e SAAEI así como é membro do comité de programa e planificación; revisor e presidente de mesa de diversos congresos. Foi co-organizador da conferencia EDUCON 2010 (Engineering Education Conference), TAEE 2010 (Tecnologías Aplicadas á Ensinanza da Electrónica) e ICECE 2005 (International Conference on Engineering and Computer Education). É co-organizador do congreso FIE 2014 (Frontiers in Education Conference) organizado en Madrid polo IEEE e o ASEE. É co-editor de IEEE-RITA (Revista Iberoamericana de Tecnoloxías da Aprendizaxe) e da revista electrónica do Capítulo Español de la Sociedad de Educación do IEEE.
É membro Fellow do IEEE (polas súas contribucións á ensinanza a distancia na educación da enxeñería eléctrica e informática); membro do Administration Committee (AdCOM) da Sociedade de Educación do IEEE (2005–2012) e primeiro presidente (2013-2014) non norteamericano da Sociedade de Educación do IEEE (sendo actualmente pasado presidente Jr); fundador e pasado-presidente (2004-2006) do Capítulo Español de la Sociedad de Educación del IEEE e presidente da Sección Española del IEEE (2010-2011).
Obtivo os premios de 2012 TAEE (Tecnoloxías Aplicadas á Ensinanza da Electrónica) á traxectoria profesional, IEEE EDUCON 2011 Meritorious Service Award, da conferencia EDUCON 2011; o premio 2010 Distinguished Member Award da Sociedade de Educación del IEEE; o premio 2009 Edwin C.Jones, Jr. Meritorious Service Award da Sociedade de Educación do IEEE; o premio de 2006 Distinguished Chapter Leadership Award e polo seu traballo colectivo no Capítulo Español de la Sociedad de Educación do IEEE; o premio de 2011 Best Chapter Award (otorgado pola Rexión 8 do IEEE) e o premio 2007 Chapter Achievement Award (otorgado pola Sociedade de Educación do IEEE). É membro do Consello de Dirección de ISES (International Solar Energy Society) España.
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en: