Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Acto oficial de inaguración de curso académico 2017/2018

4 de octubre de 2017

O maxistrado Juan Luís Pía Iglesias impartirá a lección inaugural durante unha cerimonia que presidirá o vicerreitor de Centros Asociados e Relacións Institucionais da UNED, Tomás Fernández García.

O Centro Asociado UNED A Coruña celebra o seu tradicional acto oficial de apertura curso o próximo 23 de outubro.

A cerimonia, que dará comezo ás 19:00 horas no salón de actos da sede na Coruña, estará presidida polo vicerreitor do Centros Asociados e Relacións Institucionais da UNED, Tomás Fernández García e durante a mesma, como en anos anteriores, entregaranse os diplomas aos titulados durante o curso 2016/2017. A lección inaugural titulada "Dereito Penal no Século XXI: Ucronía ou Distopía", correrá a cargo do maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Juan Luís Pía Iglesias.

Pía, que cursou estudos iniciais de Bacharelato en Ortigueira, Mondoñedo e Ferrol, finalizou a súa licenciatura en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional na Administración de Xustiza no ano 1977, cando gañou -a través de oposición pública- unha praza de xuíz. Verín na provincia de Ourense e Betanzos, na Coruña, foron os seus primeiros destinos neste posto.

Anos máis tarde e xa como maxistrado xuíz trasladaríase a San Sebastián e Murcia, para de novo recalar, como presidente do Tribunal Tutelar de menores, en Ourense. Actualmente é maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, actividade que compaxina co ensino desde distintos ámbitos. Na contorna universitaria Juan Luís Pía é profesor colaborador na materia de Dereito Civil na Universidade de Murcia e profesor titor, ata este curso, no Centro Asociado UNED A Coruña na área de Dereito Penal.

O maxistrado, que é analista penal no Centro de Documentación Xudicial (CENDOJ) desde o ano 2008, participa de forma regular nos programas formativos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: Policía Nacional, Garda Civil e Policía local.

A Coral Polifónica "O Eco" interpretará o Gaudeamus Igitur ao finalizar a cerimonia.

>>Nota de Prensa<<

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es