Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

23 de mayo de 2017

Curso "Operativa policial e uso da forza. Aspectos xurídicos", os días 12 e 13 de xuño.

O maxistrado e profesor titor do Centro Asociado Carlos Suárez-Mira Rodríguez, estará á fronte do curso programado na aula de Ferrol para os días 12 e 13 de xuño de 2017, en xornada de tarde, co título "Operativa policial e uso da forza. Aspectos xurídicos". De especial interese para os membros das Forzas e Corpos de Seguridade: Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, Policías Autonómicas e persoas interesadas en temas de seguridade desde a perspectiva xurídica, así como profesionais do Dereito.

Suárez-Mira abordará, durante a primeira das sesións, o uso policial de forza, factores, variables e modelos de risco; estudo criminolóxico sobre defensas e técnicas de intervención policial ou os resultados lesivos por actuacións das forzas e corpos de seguridade. Na xornada posterior tratará cuestións de máximo interese como os delitos cometidos durante unha intervención policial; a xurisprudencia en torno ao uso policial da forza e a responsabilidade civil subsidiaria da Administración.

O curso desenvolverase de forma presencial e en liña e tras a súa finalización, concederase 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es