O Centro Asociado UNED A Coruña celebrará o seu tradicional acto oficial de apertura curso o próximo 10 de outubro.
A cerimonia, que dará comezo ás 18:30 horas no salón de actos da sede na Coruña, estará presidida polo vicerreitor de Persoal Docente e Investigador da UNED, D. Miguel Miguens Vázquez, que estará acompañado de D. Ángel Mato Escalona, alcalde de Ferrol e Presidente da Xunta Reitora do Consorcio Universitario UNED A Coruña. Durante a mesma, como en anos anteriores, entregaranse os diplomas aos titulados durante o curso 2018/2019. A lección inaugural titulada "O Centro da UNED da Coruña desde a miña experiencia persoal” correrá a cargo de D. Fernando Seoane Pardo, director do Centro UNED A Coruña de 1982 a 1989.
Fernando Seoane Prado é doutor en Química (1978) coa cualificación de Sobresaliente cum laude. Licenciouse en Ciencias (Químicas) na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1975, coa cualificación de Sobresaliente e obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura. En 2001 licenciouse en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Entre 1982 e 1989 foi director do Centro Asociado á UNED da Coruña onde exerceu de profesor-titor de Química ata o curso 2018/19. Na súa longa traxectoria profesional ostentou diferentes cargos, destacando o seu labor como Xerente da Universidade da Coruña (UDC) (1989-1990), Secretario provincial do INSS da Coruña (1991), Xefe de área de Xestión e Informática da Xerencia Rexional de Galicia do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria (1991-1999), Xefe de Área de Xestión e Informática da Xerencia Rexional do Catastro de Galicia (1999-2005) e Presidente do Tribunal Económico-Administrativo municipal da Coruña desde xuño de 2005.
A Coral Polifónica "El Eco" interpretará o Gaudeamus Igitur ao finalizar a cerimonia.
Lembrámosvos que o día de celebración do Acto de Apertura non haberá titorías.
>>Nota de Prensa<<
Máis información en:
Síguenos en: