Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Actividades de difusión cultural 2018

20 de diciembre de 2018

Atendendo á función social do Centro UNED A Coruña e ao compromiso coa dinamización social e cultural da nosa contorna, antes de acabar o ano, queremos compartir os datos sobre as actividades de difusión cultural realizadas durante o 2018.

Un dos valores do Centro Asociado da UNED da Coruña é o compromiso coa dinamización social e cultural, tanto do noso alumnado como da nosa contorna. É por iso que levamos anos desenvolvendo actividades e iniciativas que complementan a formación específica e regrada que se oferta no Centro. A finalidade destas actividades é contribuír ao desenvolvemento cultural dos nosos/as estudantes, facendo accesible unha formación de calidade, integral e heteroxénea á que, ademais, acceden de forma gratuíta.

De igual modo, estas actividades son esenciais para a dinamización social e cultural da nosa contorna, abrindo o saber ao público en xeral e facilitando a transmisión do coñecemento entre o mundo académico e a sociedade. É por iso que son un punto de encontro entre a educación, a ciencia e a cultura onde profesionais e persoas interesadas en xeral converxen para aprender, debater e actualizar os seus coñecementos.

Por iso, desde o Centro da Coruña, queremos compartir os datos sobre as iniciativas que se desenvolveron durante este ano 2018, como medida de transparencia e como agradecemento a todas as persoas e entidades que colaboraron connosco de forma desinteresada

Desde xaneiro de 2018 , levaron no Centro da Coruña e na aula de Ferrol: 9 actividades de difusión cultural, de carácter gratuíto e aberto ao público en xeral, das cales celebráronse na sede da Coruña e na de Ferrol . 

Un dos motivos do alto seguimento é que a gran maioría podían realizarse tanto en modalidade presencial como online, xa que case a totalidade das actividades foron emitidas, polo menos, en streaming directo: 1 só presencial4 en streaming directo e 4 en streaming directo e diferido.

É por iso que, ademais dos/as alumnos/as da provincia da Coruña (que supoñen a gran maioría do alumnado matriculado), estas actividades son seguidas principalmente por estudantes doutras partes do país, sendo as zonas de procedencia máis habituais (segundo orde de presenza maioritaria): Pontevedra, Madrid, Ourense, Lugo, Asturias, Valencia, As Palmas e Málaga. Pero tamén tiveron proxección nos Centros no estranxeiro, rexistrándose estudantes en India, México, Arxentina, Perú, Uruguai, Alemaña, Suíza e Italia.    

media de persoas matriculadas nas actividades de divulgación cultural do Centro da Coruña durante 2018 é de 135,5 alumnos/as

Así, durante 2018, as actividades culturais foron (ordenadas segundo número de inscricións): 

1.- "A captación da imaxe en Caravaggio" (335 matriculados/as).   

2.- "CRÓNICAS INDUMENTARIAS. Aproximación á interpretación das indumentarias medievais" (244 matriculados/as). 

3.- "Encontro sobre Mercado do crédito hipotecario e información precontractual", organizada por ADICAE Galicia (144 matriculados/as).   

4.- Naza: O soño creador. Homenaxe a María Reiche, organizada pola Delegación de Estudantes do Centro UNED A Coruña (137matriculados/as)   

5.- A xordeira e a súa implicación na linguaxe do neno xordo, en colaboración coa Fundación Escoita (128 matriculados/as)  

6.- A carreira militar. O acceso con estudos universitarios, en colaboración co Ministerio de Defensa. Subdelegación da Coruña (105 matriculados/as).   

7.- I Feira de Emprego do Centro UNED A Coruña, organizada en colaboración co COIE do Centro UNED A Coruña e coa participación de 12 empresas e institucións (79 matriculados/as)   

8.- A historia cultural da Transición: Los Ilegales (27 matriculados/as).   

9.- Presentación do "Cartel de Cego: Don Gaiferos de Mormaltán" (18 matriculados/as).  

Pero ademais das anteriores, desde o Centro da Coruña tamén se levaron a cabo diferentes iniciativas, tanto desde os distintos departamentos do Centro como en colaboración con asociacións e institucións da zona. Ademais das múltiples actividades desenvoltas polo alumnado da UNED Sénior da Coruña, destacan as seguintes: 

- Colaboración durante todo o ano co Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR) na realización da XIV e XV edición dos “Encontros cos escritores”, que durante o 2018 contou coa presenza de Ramón Villares, Sergio del Molino, Eloy Sánchez, Antonio Muñóz Molina, Jordi Soler, Juan Villoro, Eduardo Medonza y Rosa Montero. 

Charlas informativas nos centros de ensino secundario durante o mes de febreiro, para dar a coñecer a UNED; o seu alcance académico e a oferta de estudos entre os estudantes de distintos centros educativos da Coruña. Esta actividade foi desenvolta polo director do Centro Asociado e por membros da Delegación de Estudantes

- Celebración do Día do Libro promovida pola Biblioteca do Centro Asociado UNED A Coruña, na que se elaborou un mosaico coas achegas da comunidade da UNED durante o mes de abril. 

- Colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria nos centros educativos durante o mes de novembro que finalizou coa doazón de máis de 50 kg de alimentos non perecedoiros. 

Desde o Centro UNED da Coruña queremos agradecer aos e as estudantes a confianza depositada en nós para completar a súa formación e ao profesorado e relatores que, co seu esforzo e de forma desinteresada, difundiron os seus coñecementos. Todo iso, como se demostrou, resultou en actividades de interese para a comunidade universitaria e para a sociedade en xeral, ampliando as fronteiras do saber, promovendo a cultura e facilitando a consolidación da UNED como institución crave para a dinamización social e cultural da nosa contorna.

Grazas a todos/as pola vosa colaboración e animámosvos a seguir confiando en nós para difundir, divulgar e aprender.

Se te perdiches estas actividades, podes ver algunhas delas aquí.

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es