O xoves 28 de marzo ás 19:00h celebrarase na sede da Coruña a conferencia “Buscando aos suevos no Noroeste”, impartida polo prestixioso investigador David Fernández Abella e dirixida por María J. Loira Enríquez, profesora-titora de Historia da arte no Centro UNED A Coruña.
Esta conferencia versa sobre os aspectos histórico-arqueolóxicos dos Suevos no Noroeste da Península. O autor presentará a procura de indicios do primeiro reino de Occidente na Gallaecia, amparados nun poderoso pasado e importancia remarcada como feito diferencial desde o século XIX, expoñendo que realidades arqueolóxicas se poden observar hoxe desta época histórica e a problemática que se deriva do estudo dos restos materiais do período. A idea fundamental é fomentar o coñecemento histórico-arqueolóxico do período, a través dunha visión xeral da problemática do seu estudo.
David Fernández Abella é licenciado en historia con especialidades en historia medieval, antiga e arqueoloxía, Diploma de estudos avanzados en arqueoloxía e máster en arqueoloxía náutica. Actualmente é investigador de predoutoramento da Universidade de Santiago de Compostela (USC, grupo de investigación Síncrisis). Leva traballando en arqueoloxía profesional desde 2003 e, desde 2007, é xerente da empresa de arqueoloxía Argos SAS SL. Como investigador ocupou a dirección técnica de varios proxectos de investigación da USC e ten participado como equipo en numerosos proxectos de investigación en España e no estranxeiro, que deron lugar a medio centenar de artigos de investigación sobre diferentes temáticas (podes consultar máis información aquí)
A actividade é gratuíta e está aberta a calquera persoa interesada na temática, aínda que pode resultar de especial interese para estudantes dos graos e másteres en Xeografía e Historia, Historia da arte, Antropoloxía Social e Cultural, etc. É necesaria a inscrición previa e pode seguirse tanto en modalidade presencial na sede da UNED da Coruña, como en modalidade online (en directo a través de streaming ).
Podes inscribirte gratis na actividade aquí.
Esta conferencia está incluída na programación “Os xoves culturais na UNED A Coruña”. Consulta o resto de actividades programadas aquí.
Máis información na Secretaría do Centro: rúa Educación, 3 – 15001, A Coruña, no teléfono 981145051 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es.
>>Nota de Prensa<<
-------------------------------{}-------------------------------
Síguenos en: