Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo de cursos sobre Dereito Penal en perspectiva de Xénero

27 de agosto de 2021

Xa te podes matricular nos 2 ciclos formativos, formados por 4 cursos independentes, que se celebrarán de outubro a decembro na Aula de Ferrol. Pódense seguir en liña (en directo mais en diferido) e solicitouse o recoñecemento de 1 ECTS por cada curso

Desde a Aula UNED de Ferrol propoñémosvos dous novos ciclos formativos para comezar o ano académico 2021/22.

Continuando a liña formativa de anos anteriores, esta formación especializada enmárcase no programa de Extensión Universitaria para o próximo ano académico e comprende 4 cursos independentes, organizados en 2 ciclos temáticos sobre Dereito Penal en perspectiva de Xénero

O obxectivo de ambos os ciclos formativos é trasladar ao alumnado unha visión actualizada e práctica tanto da actual aplicación dos delitos sexuais en España como das múltiples propostas de reforma que hai enriba da mesa e que de seguro marcarán o futuro destas figuras delituosas. De igual modo, tamén se pretende trasladar unha visión de xénero do sistema penal: desde como a perspectiva de xénero permite entender mellor os fenómenos delituosos ata unha análise pormenorizada dos moitos e complexos problemas que a noción de violencia de xénero trouxo consigo ao Dereito penal español.

Os cursos celebraranse entre outubro de 2021 e xaneiro de 2022 (as clases teóricas finalizan en decembro) e constan de 25 horas de formación, das cales 10 horas serán de explicación teórica. Todos eles pódense facer de forma independente, xa que non é necesario matricularse en todo o Ciclo para recibir formación específica sobre unha temática concreta.

Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, poderanse seguir unicamente en modalidade en liña, coas opcións de seguimento en directo e en diferido. Neste momento estamos a traballar para que se recoñeza a formación con 1 crédito ECTS por cada un dos cursos , o que supoñería 4 ECTS en total. Recoméndase consultar a información actualizada en cada módulo de forma periódica.

Esta formación está especialmente dirixida a estudantes dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, etc. Profesionais do ámbito xurídico, penal e criminológico (avogacía, procuradoría, fiscalía, etc.), así como do ámbito social e asistencial (ONG, asociacións, etc.). Membros dos corpos e forzas de seguridade (Policía Nacional, Garda Civil, Policías Autonómicas, Policía Local e Policía portuaria). Opositores/ as aos diferentes niveis da Administración Pública e, en xeral, a calquera persoa interesada na temática.

Ambos os ciclos están dirixidos por Natalia Pérez Rivas, profesora Axudante Doutora da área de Dereito Penal (USC), doutora en Dereito e profesora-titora con venia docendi no Centro Asociado á UNED na Coruña. Serán impartidos por Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC); Eduardo Ramón Ribas, catedrático de Dereito Penal da Universitat de lles Illes Balears ( UIB) e José Antonio Ramos Vázquez, profesor titular de Dereito Penal (UDC), xa que todos os cursos están organizados polo Centro Asociado á UNED na Coruña en colaboración co grupo de investigación ECRIM da UDC.

CICLO: “OS DELITOS SEXUAIS: PERSPECTIVAS ACTUAIS E DE FUTURO”

Os delitos contra a liberdade sexual: perspectivas actuais e de futuro

  • Datas: 21 e 22 de outubro de 2021.
  • Horario: de 16:00 a 21:00 h.
  • Duración: 25h
  • Créditos: 1 ECTS*
  • Modalidades: Online en directo mais en diferido.
  • Imparte: Patricia Faraldo Botana e Eduardo Ramón Rivas

Desde o caso da Manda, os delitos sexuais están no foco de atención dos medios de comunicación, a cidadanía e os poderes públicos. Desde o punto de vista penal, o cambio na percepción desta clase de delitos supuxo unha enorme controversia tanto a nivel teórico como a nivel práctico, existindo sobre a mesa diversas propostas de reforma lexislativa e unha ampla e variada xurisprudencia na materia que fai deste ámbito delituoso un dos máis complexos do Código penal.

  • Consulta máis información sobre este curso e matricúlate premendo aquí.

Os delitos sexuais vítima menor de idade na realidade penal española

 

  • Datas: 4 e 5 de novembro de 2021     
  • Horario: de 16:00 a 21:00 h.     
  • Duración: 25h 
  • Créditos: 1 ECTS* 
  • Modalidades: Online en directo mais en diferido     
  • Imparte: José Antonio Ramos Vázquez

Os delitos sexuais contra menores foron, sen dúbida, un dos ámbitos máis volubles ás reformas penais. Ata en 5 ocasións foron reformados desde a promulgación do vixente Código penal; a última delas, este mesmo ano 2021, con ocasión da promulgación da Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia. Tantos vaivéns lexislativos, sumados a outros tantos vaivéns xurisprudenciais fan necesaria unha reflexión rigorosa e minuciosa de tan sensible ámbito penal.

  • Consulta máis información sobre este curso e matricúlate premendo aquí.

CICLO: “PERSPECTIVA DE XÉNERO E DERECHO PENAL”

Sesgos de xénero na xustiza penal española

  • Datas: 2 e 3 de decembro de 2021
  • Horario: de 16:00 a 21:00 h.     
  • Duración: 25h 
  • Créditos: 1 ECTS* 
  • Modalidades: Online en directo mais en diferido     
  • Imparte: José Antonio Ramos Vázquez

O debate sobre a perspectiva de xénero veu, sen dúbida, para quedar na análise social, político e xurídico do noso Estado. A acesa polémica que conleva, con todo, resulta ás veces daniña pois, dun lado, crea suspicacia sobre unha perspectiva –a de xénero- que resulta de sumo interese para entender moitas das dinámicas do noso sistema penal mentres que, doutro lado, parece centrarse na violencia contra as mulleres cando, sen dúbida, hai moitos aspectos criminológicos e penais nos que hai sesgos de xénero de maneira insospeitada.

  • Consulta máis información sobre este curso e matricúlate premendo aquí.

O sistema penal desde os feminismos e o xénero

  • Datas: 16 e 17 de decembro de 2021     
  • Horario: de 16:00 a 21:00 h.     
  • Duración: 25h 
  • Créditos: 1 ECTS* 
  • Modalidades: Online en directo mais en diferido     
  • Imparte: Patricia Faraldo Botana e Eduardo Ramón Rivas

Sen dúbida, os feminismos supuxeron unha importante contribución ao mellor entendemento do sistema penal e o seu funcionamento, así como, en xeral, a desvelar como os roles de xénero permean moitas das nosas relacións interpersoais. Neste ciclo procúrase expoñer como a perspectiva de xénero lanza luz a moitas das categorías do sistema penal.

  • Consulta máis información sobre este curso e matricúlate premendo aquí.

Consulta descarga díptico informativo sobre os Ciclos formativos en Dereito Penal con perspectiva de Xénero premendo aquí

*Solicitude de ECTS en trámite. Para coñecer o estado das resolucións, consultar a información actualizada en cada curso.  

Bonificacións na matrícula:

Lembra que, si es alumno/a da UNEDtitor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrolmembro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiada/o no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto na matrícula

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

  •  Secretaría da Aula UNED de Ferrol no teléfono: 981 36 40 26  ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es

--------------------------------{}--------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es