Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo sobre Xestión das Emocións na Infancia

18 de enero de 2019

Os tres cursos celebraranse na sede a UNED da Coruña durante os meses de febreiro, marzo e abril. Cada curso está recoñecido con 1 ECTS e pódense seguir tanto en modalidade presencial como online a través de streaming directo e en diferido

Ángeles Amor García, psicóloga clínica e profesora-titora do grao en Psicoloxía do Centro Asociado UNED A Coruña é a directora e relatora do Ciclo sobre a Xestión das emocións na infancia, que se celebrará na sede da UNED na Coruña ao longo do segundo cuadrimestre.

O ciclo consta de tres cursos nos que se profundará na Intelixencia Emocional nos nenos e nenas de entre 2 e 6 anos. Todos se poden cursar online, tanto a través de streaming directo como en diferido, e solicitouse o recoñecemento de 1 crédito ECTS para cada un.

A Intelixencia Emocional confirmouse como unha variable psicolóxica con enorme incidencia na nosa capacidade para ser eficientes e felices en distintas áreas vitais, desde o ámbito escolar ata o ámbito laboral, pasando polas relacións persoais e a saúde. Doutra banda, a adecuada xestión das emocións na etapa preescolar, sobre todo de 2 a 6 anos, é unha competencia fundamental no desenvolvemento das habilidades comunicativas e emocionais dos suxeitos, así como no desenvolvemento da personalidade dos mesmos.

O aprender a identificar as emocións é un aspecto básico para o correcto funcionamento dos nenos e nenas na sociedade, influíndo e determinando un amplo abanico das súas experiencias persoais, desde a súa traxectoria académica ata as súas relacións sociais e traxectoria vital.

Os tres cursos están dirixidos a estudantes dos graos e másteres en Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social, Socioloxía, Criminoloxía, etc., pero tamén ao público en xeral, especialmente a educadoras e educadores infantís, profesorado dos diferentes niveis educativos, pais e nais, así como a todas aquelas persoas que estean en contacto con nenos desta idade.

 

Os cursos que compoñen o Ciclo sobre a Xestión das Emocións na Infancia son os seguintes:

1. A intelixencia emocional.

As sesións presenciais celebraranse os martes 12 e 19 de febreiro de 2019, de 16:00 a 20:00 h.

Este curso está dedicado exclusivamente a profundar na Intelixencia Emocional na etapa infantil e profundarase sobre a definición de emoción, os tipos de emocións, sobre a intelixencia emocional, a súa funcionalidade e o desenvolvemento de ferramentas de intelixencia emocional na primeira infancia.

2. As emocións primarias.

As sesións presenciais celebraranse os mércores 13, 20 e 27 de marzo de 2019, de 16:30 a 20:30 h.

Neste segundo curso analizaranse as emocións primarias en educación infantil: a ira, a tristeza e o medo; analizando as súas características fisiolóxicas, cognitivas e conductuales; pero tamén se presentarán formas para aprender a previr casos en que se manifesten negativamente ditas emocións primarias.

3. As emocións secundarias.

As sesións presenciais celebraranse os martes 23 e 30 de abril e 7 de maio de 2019, de 16:30 a 20:30 h.

Neste último curso analizaranse as emocións secundarias (celos, vergoña e autoestima), nos mesmos termos que no curso anterior. A idea fundamental é coñecer o desenvolvemento emocional dos nenos de 2 a 6 anos, co fin de permitir e potencialo de forma adecuada, coñecéndose a si mesmos e as consecuencias da expresión das súas emocións.

Cada un destes cursos tamén se poden realizar de forma independente, xa que cada un mantén unha temática específica.

 

Podes consultar e descargar o folleto do ciclo aquí.

Máis información na Secretaría do Centro da Coruña (rúa Educación 3 – 15011, A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es