Comeza a convocatoria extraordinaria de exames
2 de septiembre de 2024
As probas presenciais terán lugar na semana do 2 ao 7 de setembro
O actual curso académico 2023-2024 rematará en setembro coa convocatoria extraordinaria de exames. Lembrámosvos que as probas presenciais desenvólvense nunha única semana de exames, do luns 2 ao sábado 7 de setembro.
Se tedes dúbidas sobre o calendario de exames dos estudos que estades a cursar, consultade a seguinte páxina web para confirmar as datas de cada convocatoria (febreiro, xuño e setembro).
Exames de reserva
As sesións de reserva para Grao e Mestrado en centros nacionais terán lugar o sábado 7 de setembro de acordo co seguinte horario:
- 9:00 h.: para exames celebrados nas sesións do luns, martes e mércores.
- 16.00 h.: para exames celebrados nas sesións do xoves e venres.
Unicamente poderán concorrer aqueles estudantes a quen lles coincida dous ou máis materias no mesmo día e a mesma hora. Nos centros no exterior, tamén noutras circunstancias, como residencia nun país diferente ao centro, presentación en máis de dúas materias en datas que obriguen a un novo desprazamento, ou por motivos laborais xustificados.
Excepcionalmente, o Presidente/a valorará a solicitude por causas extraordinarias, que deberán quedar acreditadas con anterioridade á data prevista para as probas de reserva.
Nos estudos de Mestrado, os estudantes terán dereito a reserva sen autorización previa, pero si é recomendable enviar comunicación ao centro con anterioridade.
Todos os estudantes presentaranse á hora de inicio da sesión.
Poderanse realizar un máximo de 3 exames sen interrupción durante 4 horas. En caso de presentarse a 1 ou 2 exames, o tempo máximo axustarase ao establecido en cada un.
Como examinarse na UNED?: algúns consellos
En canto á realización de probas presenciais, a UNED aplica os seguintes criterios xerais comúns para estudos de Grao e Mestrado:
Entrada á aula
- Acode ao centro de exame 30 minutos antes do inicio da sesión.
- Presenta ao tribunal a túa identificación (carné de estudante e DNI ou pasaporte). Se non dispós de carné de estudante, contacta co teu centro asociado.
- A túa localización na aula está indicada na folla de cabeceira do teu exame.
Durante a sesión
- Le atentamente as instrucións do exame.
- Completa todos os teus datos en todas as follas que empregues.
- Non escribas no reverso da folla de cabeceira do exame.
- Unicamente poderás ter sobre a mesa o material permitido indicado no exame.
- Está prohibido o uso e tenencia de calquera dispositivo electrónico (móbiles, tabletas, smartwatches), que deberán estar apagados e fóra do alcance, así como o material non permitido sinalado no exame.
Entrega do exame
- Poderás entregar o teu exame 30 minutos despois do comezo da sesión, unha vez así o indique o tribunal.
- Revisa o exame na súa integridade. A folla de cabeceira debe ir en primeiro lugar. Anota nela o número de follas entregadas.
- Mostra ao tribunal a túa identificación.
- Fai a entrega en silencio, respectando aos compañeiros/as.
- A partir do día seguinte, terás dispoñible na Secretaría Virtual o certificado de asistencia.
Máis información
- Secretaría do C.A. UNED A Coruña no teléfono 981 14 50 51 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es.
- Secretaría do Aula UNED de Ferrol no teléfono 981 36 40 26 ou no correo electrónico info@ferrol.uned.es.