Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Comparte un pensamento contra a violencia de xénero

25 de noviembre de 2020

Hoxe, 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, propoñémosche compartir un pensamento en recordo de todas as vítimas. Entra nas nosas redes sociais e comparte o teu pensamento co hastag #ComparteUnPensamento #NonMeEsquezas

Desde o Centro Asociado da Coruña queremos sensibilizar, unha vez máis, sobre a necesidade da erradicación da violencia de xénero no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

En 2019, entregamos de forma gratuíta plantas dos pensamentos coñecidos como “nonmeesquezas”, en homenaxe simbólica de recordo ás vítimas de violencia machista. A implicación da comunidade universitaria foi inmediata, recibindo esta iniciativa con enorme interese e as 100 plantas "nonmeesquezas" esgotáronse en algo menos de 2 horas. As plantas dos pensamentos"nonmeesquezas" encheron aulas, corredores, biblioteca, cafetería e demais servizos do Centro da Coruña, dando lugar a conversacións, reflexións e debates, pero sobre todo, visibilizando unha problemática social que incumbe a todos os sectores da sociedade. 

Este ano, a pesar das restricións derivadas da alerta sanitaria polo coronavirus, queremos facer un chamamento a toda a nosa comunidade universitaria para que comparta un pensamento nas súas redes sociais. Animamos ao noso alumnado, profesorado e PAS a que envíe este pensamento para non esquecer ás vítimas pero, sobre todo, para poñer atención sobre a vulnerabilidade que sofren moitas mulleres, especialmente na situación actual, e tamén para concienciar sobre a necesidade de erradicar a violencia

Animámosvos a compartir un pensamento nas vosas redes sociais (WhatsApp, Telegram, Facebook, Twitter, Instragram, etc.) para visibilizar, lembrar e apoiar a todas as mulleres vítimas da violencia. 

NONMEESQUEZAS”  

“A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, do mesmo xeito que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. O que é máis, a promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de non deixar que ninguén quede atrás, non poderá cumprirse sen primeiro poñer fin á violencia contra mulleres e nenas.” (ONU, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de novembro) 

Desde o 1 de xaneiro de 2003 rexistráronse en España 1.074 vítimas mortais por Violencia de XéneroEn 2020, 41 mulleres morreron vítimas da violencia machista, 2 delas en Galicia; con data 13 de novembro (última actualización dos datos oficiais pola Secretaría de Estado para a Igualdade); existen 2 casos en investigación que poderían aumentar esta fatídica cifra. Diversos estudos e profesionais chamaron a atención sobre o incremento de inseguridade provocados polo confinamento e polas restricións derivadas polo COVID-19aumentando o risco de violencia de xénero

As campañas de sensibilización son importantes para concienciar aos diferentes sectores da poboación e visibilizar esta dura realidade, pero tamén para que as vítimas non caian no esquecemento. As plantas do pensamento “nonmeesquezas” convertéronse en símbolo de recordo polas vítimas de violencia

¡Hoxe 25 de novembro, #ComparteUnPensamento coa #UNEDACoruña nas túas redes sociais e... #NonMeEsquezas!

Pensamentos compartidos

Rita Más Ybáñezpoetaescritora estudante do grao de Antropoloxía Social e Cultural do noso Centro, envíanos o seguinte pensamento compartido:

"Esa polisemia, pensamento flor, e pensamento en contra da violencia de xénero que brota por todas partes, invasora, de rápido crecemento e temible orixe. A violácea florece no inverno, prospera ben e é resistente, en ocasións atacadas polos pulgóns - e agora flor e pensamento son xa una mesma palabra- por iso, toda as pragas destrutoras, calquera que sexan, hai que exterminalas sen medo, e non esquecer que o pensamento, necesita un chan firme onde agarrarse e crecer cara á luz."

Esta iniciativa está ligada ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 5 da Axenda 2020-30 de Nacións Unidas. 

Máis información:

----------------------------{}---------------------------  

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

unedacorunacomparteunpensamientofacetwitter1200x630gal
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es