Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia: "A contribución das Forzas Armadas á paz e seguridade en África: EUTM Somalia"

17 de octubre de 2019

Actividade gratuíta, aberta ao público en xeral, que se celebrará o xoves 24 de outubro na sede da Coruña en modalidade presencial e online (emisión en directo)

O vindeiro xoves 24 de outubro, ás 19:00 h, terá lugar a conferencia: "A contribución das Forzas Armadas á paz e seguridade en África: EUTM Somalia" no salón de actos da sede da UNED na Coruña. O Tenente Coronel do Exército de Terra, D. Jesús Díez Alcalde, oficial de Estado Maior de España (2005) e Chile (2009), analista do Instituto Español de Estudos Estratéxicos (IEEE) e do Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) será o encargado de impartir esta conferencia.

A actividade está organizada polo Centro UNED A Coruña e a Asociación de Reservistas 2 de Maio, en colaboración coa Subdelegación do Ministerio de Defensa na Coruña e o Instituto Español de Estudos Estratéxicos (IEEE). A finalidade é dar a coñecer a experiencia das Forzas Armadas nas misións internacionais en África, especialmente nas recentemente desenvoltas para o mantemento da paz e seguridade en Somalia.

Neste 2019, cúmprense 30 anos das misións internacionais das Forzas Armadas. Durante este tempo, levaron a cabo diferentes misións para manter a paz e seguridade en diferentes países. A colaboración e coordinación con outros exércitos a través de organismos internacionais como Nacións Unidas (ONU) é esencial. Nesta conferencia achegarémonos a unha das misións internacionais máis recentes desenvoltas neste país africano.

O Tenente Coronel do Exército de Terra, D. Jesús Díez Alcalde ten unha dilatada traxectoria de misións internacionais, destacando as realizadas no ámbito de Nacións Unidas: UNMEE Eritrea/Etiopía (2003), UNIFIL Líbano (2011); e comisións de servizo a EUTM Mali (2013) e EUFOR RCA (2014). En agosto deste ano finalizou a súa misión en EUTM Somalia como asesor da Reforma do Sector de Seguridade de Somalia.

Desde hai anos realiza estudos e investigacións sobre asuntos relativos á Seguridade e Defensa internacional, especialmente centrado na gobernanza, o desenvolvemento e a conflitividade en África. Destaca as súas publicacións como coautor do libro Os Conflitos de Sudán (2008) e os máis de 10 capítulos sobre África en libros colectivos, así como as numerosas análises e artigos sobre a conflitividade en África, e a política de Seguridade e Defensa da Unión Europea.

No ámbito civil, é Licenciado en Ciencias da Información (rama Xornalismo) pola Universidad de La Laguna e Experto Universitario en Comunicación e Conflitos pola Universidad Complutense de Madrid. Realizou distintos cursos universitarios, entre outros, en Dereito Internacional (Universidad de Las Palmas) ou Workshop in Global Leadership en Universidade de Harvard (EEUU).

A actividade é gratuíta e aberta a calquera persoa interesada na materia; pódese seguir de maneira presencial na sede do Centro Asociado da UNED da Coruña e, por Internet, na modalidade online de emisión en directo. Para asistir á conferencia é necesaria a inscrición previa.

Podes inscribirte gratis nesta actividade picando aquí.

>>Nota de Prensa<<

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es
--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es