Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CUID: Aberto o prazo de matrícula para estudar idiomas a distancia

6 de septiembre de 2021

Entre o 6 de setembro e o 21 de outubro, cunha oferta de 16 idiomas, e ata 6 niveis, desde iniciación ata alta especialización

Centro Universitario de Idiomas a Distancia, (CUID) da UNED xa abriu a matrícula para o curso académico 2021/22.

Desde hoxe, luns 06 de setembro, xa te podes matricular nos 16 idiomas que se ofertan este ano.

O CUID ofrece a posibilidade de estudar de forma semipresencial ou totalmente virtual, axustándose ás túas necesidades.

A continuación mostrámosche as datas que tes que ter presentes para realizar a túa solicitude.

  • Prazo de matrícula en idiomas a distancia ( CUID): do 6 de setembro ao 21 de outubro de 2021.
  • Prazo para solicitar unha modificación da matrícula a efectos de cambiar o nivel do idioma ou a modalidade: (unha vez confirmada a matrícula) ata o 30 de novembro de 2021.

Consulta as datas e a información completa na páxina web de admisión e matrícula

The key, la clé, der Schlüssel, il tasto, giltza, la ŝlosilo… Matricúlate no CUID, a chave á comunicación global

Coñecer, conversar ou ter un título dun ou máis idiomas é a chave que pode abril as portas a un contrato laboral, facilitar a investigación de fontes orixinais ou viaxar sen barreiras, sexa por traballo ou pracer. O CUID da UNED, cos seus 16 idiomas, abre a súa matrícula o luns 6 de setembro. Ofrece a posibilidade de estudar de forma semipresencial ou totalmente virtual e hai varios niveis para adaptarse ás necesidades de cada estudante. Non fai falta contar con ningunha titulación previa, aínda que se ofrecen probas previas de nivel gratuítas, os únicos requisitos son ter máis de 16 anos e ganas de aprender un idioma.

Elixe o teu idioma

Na oferta de idiomas atoparás os europeos como alemán, español para estranxeiros, francés, inglés, italiano, neerlandés, e portugués; as tres linguas cooficiais do Estado, catalán-valenciano, eúscaro, e galego; e as extracomunitarias árabe, chinés, xaponés e ruso. Ademais ofrecemos a lingua internacional esperanto e a lingua de signos española

“O ano pasado 12.000 estudantes confiaron en nós. Un aumento espectacular de matrículas que demostra que os nosos cursos adáptanse á fórmula precisa para aprender idiomas. Para este curso programamos novos niveis en lingua de signos, en ruso e implantouse a versión A2 de árabe totalmente en liña. Despois dun ano de pandemia esperamos atoparnos cos nosos estudantes de sempre e acoller aos novos con ilusións renovadas”, explica Pilar Rodríguez Arancón, directora do CUID da UNED.

Noticia elaborada parcialmente por Comunicación UNED. 

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

----------------------------------{}----------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

linkedinpublicacion1200x670gal
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es