Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CUID Idiomas

11 de abril de 2019

Aberto o prazo da Proba libre de idiomas ata o 23 de abril

A Proba libre de idiomas do Centro Universitario de Idiomas (CUID) da UNED está destinada a aquelas persoas que desexen simplemente acreditarse dun nivel e idioma mediante un único exame, sen necesidade de matricularse nun curso completo de idiomas.

Pode matricularse calquera persoa de nacionalidade española ou estranxeira que cumprise os 18 anos, sen necesidade de posuír titulación académica algunha.

O CUID ofrece unha extensa oferta de idiomas e niveis que comprende exames de árabe, alemán, catalán/valenciano, chinés, español para estranxeiros, éuscaro, francés, galego, inglés, italiano, xaponés, portugués, ruso, esperanto, neerlandés e Lingua de Signos Española.

O prazo para matricularse na Proba Libre de Idiomas do CIUD xa está aberto e termina o martes 23 de abril de 2019.

Consulta os prezos aquí. Lembra que se es estudante, PDI, FPI, PAS ou titor/a de a UNED tes unha bonificación no prezo da matrícula.

Máis información sobre a Proba libre de idiomas aquí.

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es