Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Galicia durante Roma. Conquista e Romanización"

22 de abril de 2021

Celebrarase as tardes dos martes do 27 de abril ao 11 de maio exclusivamente en liña, nas modalidades en directo e en diferido; solicitouse o recoñecemento de 1 ECTS

A sede da UNED da Coruña organiza a partir da semana próxima o curso "Galicia durante Roma. Conquista e Romanización", nas tardes dos martes 27 de abril, 04 e 11 de maio. 

AVISO IMPORTANTE: o curso impartirase en galego, polo que tanto a explicación teórica como os materiais dispoñibles tamén se realizarán neste idioma.

Este curso dá continuidade ao realizado en 2020 sobre Galicia antes de Roma. Con todo, non é necesario ter feito este curso para realizar o actual, xa que ambos teñen itinerarios formativos diferentes. 

En Galicia antes de Roma estudáronse os primeiros contactos do noroeste ibérico co mundo mediterráneo: os fenicios, os cartagineses, os gregos e os romanos. Con estes facíase efectiva a entrada definitiva do noroeste ibérico na Historia Antiga, pois, tras a súa conquista, os Galaicos serían capaces de xerar os seus propios textos escritos, condición esta imprescindible para abandonar a Prehistoria e introducirnos na Historia propiamente dita. 

A conquista romana de Galicia, hai máis de 2000 anos, é o máis antigo referente histórico do pobo galego, o momento ao que se remonta a formación da súa lingua e no que recoñecer as orixes da súa peculiar xeografía humana e da súa característica paisaxe, tanto urbano como rural. Boa parte do que é a realidade galega actual ten a súa orixe naquela época romana, no resultado do encontro entre o pobo indíxena e o conquistador romano, para quen a asimilación do bárbaro galaico importaba bastante menos que a explotación do seu territorio. A partir da crise xeral do Imperio no século III d. C., o galaico deixa de ser barbarus para converterse en rusticus, pero a ese suxeito xa non podemos prestar atención no presente curso, que centraremos no alto Imperio Romano (ou Principado). 

O curso está dirixido a estudantes de calquera disciplina académica, especialmente dos graos e másteres en Xeografía e Historia, Antropoloxía, Filosofía, etc. Público en xeral interesado na temática con coñecemento e interese pola Historia de Galicia, sen dificultades en comprensión oral e escrita da lingua galega. 

Dirixido e impartido por Rosa Brañas Abad, ten como obxectivo coñecer a posición de Galicia na Historia Antiga da Península Ibérica, así como o proceso de conquista e romanización do noroeste ibérico, comprender os mecanismos de adaptación do mundo galaico ao mundo romano e percibir a relación causal entre a Romanización e a paisaxe galega actual. 

O curso consta de 25 horas de formación, das cales 8 horas de explicación teórica e solicitouse o recoñecemento de 1 ECTS. Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria fronte á COVID-19, poderanse seguir unicamente en modalidade en liña, coas opcións de seguimento en directo e en diferido. 

O horario do curso é de 16:30 h a 19:30 horas os martes 27 de abril e 4 de maio, e de 16:30 a 18:30 horas o martes 11 de maio de 2021. 

Ademais, fóra de programa, a relatora ofrece a posibilidade de realizar unha visita guiada en grupos reducidos ao Museo Arqueolóxico da Coruña, sito no Castelo de San Antón. Esta actividade é opcional e estará suxeita ás restricións de mobilidade no momento da celebración. As persoas asistentes deberán cumprir obrigatoriamente coas medidas de seguridade e hixiene fronte á COVID-19. Esta actividade realizarase baixo a responsabilidade da directora e relatora do curso, que tamén será a encargada de realizar a xestión e supervisión da mesma. 

Rosa Brañas Abad é doutora en Xeografía e Historia, Máster en Museología e licenciada en Xeografía e Historia, especializada en Historia Antiga, e Prehistoria e Arqueoloxía. É formadora en Patrimonio Histórico-Arqueolóxico na empresa privada desde 2011. É profesora-titora da UNED de materias de Historia Antiga e Arqueoloxía desde 2010 e, desde 2015, profesora asociada da Universidade de Vigo ( UVI) da área de Historia. Membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da UVI, ten múltiples publicacións sobre a Galicia Céltica.

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ate o 27 de abril de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ate o 12 de mayo de 2021. 

Bonificacións na matrícula:

Lembra que, si es alumno/a da UNEDtitor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrolmembro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiado/a no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto na matrícula

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es