Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Microsoft Access e bases de datos. Nivel básico (curso 2020-21)"

7 de mayo de 2021

Celebrarase os días 10, 12 e 14 de maio, en xornada de mañá, nas modalidades en liña de directo mais en diferido; ademáis, conta co recoñecemento de 1 ECTS.

A sede da UNED na Coruña organiza un novo curso do Ciclo formativo sobre Manexo do entorno Microsoft Office deste ano académico.

Nesta ocasión, o curso "Microsoft Access e bases de datos. Nivel básico (curso 2020-21)" terá lugar nas mañás do luns 10, mércores 12 e venres 14 de maio de 2021, de 09:30 a 13:30h.

Na era actual o correcto tratamento dos datos converteuse nunha tarefa, practicamente imprescindible. Desta forma, as bases de datos de datos convertéronse nunha ferramenta fundamental, para a xestión e arquivo de información de calquera tipo

No presente curso, preténdense dar as nocións básicas do programa Microsoft Access e das bases de datos en xeral, a nivel básico. Afondarase no coñecemento da interface de Microsoft Access, así como se explicarán as bases de datos, táboas, cómo dar formato, configurar e imprimir táboas con Access, filtros e consultas de selección, iniciación aos formularios e uso do asistente. 

Pode resultar de especial interese para estudantes e persoal vinculado coa xestión e administración de arquivos, así como para calquera profesional vinculado coa administración, tanto pública ou privada. Tamén para opositores/ as a calquera escala da administración pública.

Mentras estén activas as medidas de seguridade pola alerta santaria da COVID-19, o curso só se poderá seguir en modalidad en liña, por Internet, tanto a través de emisión en directo como en diferido. Consta de 25 horas de duración, 12 h. adicadas á formación directa e 13 h. ao traballo autónomo. Ademáis, conta co recoñecemento de 1 ECTS

O curso está dirixido e será impartido por  José Manuel Varela Senra, doutor en Ciencia e Tecnoloxía. Postgrado en Comunicación Online e Redes Sociais, Consultor TIC, Social Media Management, experto no desenvolvemeto de contidos audiovisuais, experto en xestión de negocios on-line 2.0 i especialista en comercio electrónico (E-commerce), Coordinador Tecnolóxico do Centro UNED da Coruña, onde tamén é profesor-titor. 

Pódeste matricular neste curso premendo aquí.

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 10 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 18 de maio de 2021. 

Puedes consultar e descargar o tríptico con máis información sobre o Ciclo sobre manexo de Microsoft Office en galego aquí e en castelán aquí.  

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es