Desde a Aula UNED de Ferrol propoñémosvos un novo curso formativo para estas últimas semanas do curso.
O curso "Outra volta ao delitos relacionados coa violencia de xénero: máis aló da Ley Integral 1/2004", terá lugar nas tardes do xoves 13 e venres 14 de maio de 2021, de 16:30 a 20:30h.
O curso propón unha análise dos delitos relacionados coa violencia de xénero que, partindo dos reformados pola Lei Integral de 2004 (malos tratos, malos tratos habituais, coaccións leves, ameazas leves), vai máis aló, estudando o impacto do Convenio de Istambul e a introdución dunha circunstancia agravante de discriminación por razóns de xénero. A análise da xurisprudencia máis recente e da doutrina especializada son as bases deste estudo.
Preténdese expoñer a evolución do concepto de violencia de xénero no noso país, por mor dos cambios que se produciron na normativa internacional, prestando particular atención ás consecuencias que conleva na interpretación e aplicación dos tipos penais. Cuestións coma se existe no noso país un delito de femicidio, se a violencia sexual é violencia de xénero, se a circunstancia agravante de discriminación por razón de sexo cobre un ámbito distinto do abarcado pola discriminación por razón de xénero, serán respondidas durante a sesión. O obxectivo fundamental é dar a coñecer ao alumnado as ricas posibilidades interpretativas que ofrece o concepto de violencia de xénero e a súa interpretación actual polos órganos xudiciais españois.
Este curso consta de 25 horas de formación, das que 8 horas son de explicación teórica; de ser superado, entregarase un certificado de aproveitamento co recoñecemento de 1 ECTS.
Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, poderase seguir unicamente en modalidade online, coas opcións de seguimiento en directo mais en diferido.
Dirixido por Ascensión García Ruiz, profesora do Departamento de Dereito Penal e Criminoloxía da UNED, será impartido por Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) e Eduardo Ramón Ribas, catedrático de Derecho Penal da Universitat de les Illes Balears (UIB).
Este curso está especialmente dirixido a estudantes dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Psicología, Traballo Social, Educación Social, etc. Membros dos corpos e forzas de seguridade (Policía Nacional, Gardia Civil, Policías Autonómicas, Policía Local e Policía portuaria). Profesionais do ámbito xurídico, penal e criminolóxico (avogacía, procuraduría, fiscalía, etc.). Opositores/as aos diferentes niveis da Administración Pública. E cualquera persoa interesada na temática do curso.
Pódeste matricular premendo aquí:
Bonificacións na matrícula:
Lembra que, si es alumno/a da UNED, titor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrol, membro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiado/a no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto na matrícula.
Seguimos online,
seguimos contigo!
Máis información en:
--------------------------------------{}-------------------------------------
Síguenos en: