Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Manexo de plataformas TIC UNED

21 de septiembre de 2016

Programados tres talleres e unha xornada de actualización. Acceso libre.

O vindeiro venres 23 de setembro comeza o primeiro dos talleres de apoio tecnolóxico, formación que se completará con dúas sesións máis o lunes día 10  e 17 de outubro de 2016.

Enmarcados dentro do Plan de Acollida previsto para este curso académico, desenvolveranse baixo un enfoque práctico e en grupos reducidos, co obxectivo de introducir ao estudante da UNED na contorna virtual que ha de empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance.

Germán Carro Fernández, coordinador tecnolóxico e director do Centro Asociado, será o responsable de impartir esta actividade.

Trátase de tres talleres independentes de contido básico enfocados a novos alumnos, onde se abordará o manexo eficaz e a procura de información a través da páxina web da UNED, o portal web do Centro Asociado, a contorna aLF, a xestión de correo correo electrónico, os cursos virtuais e a plataforma INTECCA. Ferramentas fundamentais na vida académica desta Universidade.

Este bloque de actividades de apoio tecnolóxico, completarase cunha xornada de actualización, o 26 de setembro, enfocada aos profesores titores do Centro Asociado. Nela ofrecerase un repaso dos coñecementos e ferramentas básicas para o desenvolvemento das titorías empregando as competencias tecnolóxicas, ferramentas e recursos da UNED, así como a videoconferencia e webconferencia como canles de emisión. Pablo Vales Esteban, coordinador de incidencias tecnolóxicas do Centro Asociado, acompañará a Germán Carro na parte formativa durante esta xornada.

 Tanto os tres talleres como a xornada de actualización, son gratuítos e en modalidade presencial. Desenvolveranse nas instalacións do Centro Asociado na sede da Coruña, rúa da Educación número 3.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es