Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso 2015/2016

15 de diciembre de 2015

Datos de matrícula.

O número de alumnos matriculados en ensinos regrados, así como Curso de Acceso e CUID, suma un total de 4.410 estudantes, cifra que hai que acompañar ao Programa de Extensión Universitaria e Divulgación Cultural, que desde setembro, suma 1.459 estudantes matriculados.

Os datos deste curso reflicten un aumento no número de matrículas da 1,17% fronte ao curso pasado.

A distribución, en termos porcentuais para o curso 2015/2016, sería a seguinte:

• Plans a extinguir: un 2% de alumnos.

• Graos: o 84% de alumnos.

• Curso de Acceso: o 5% dos alumnos.

• Máster: o 4% de alumnos.

• CUID: o 5% de alumnos.

Durante os últimos cursos observouse un descenso natural de matrículas en todos os plans a extinguir: desde o curso 2013/2014 foi do 9% ao 2%.

Consolidouse a matrícula e permanencia dos estudantes en Graos, de forma que no curso 2013/2014 era dun 78%, o curso pasado 2014/2015, un 82% e este curso un 84%.

O número de matriculados en Idiomas CUID, aumentou de forma significativa, un 18,78% desde o curso pasado.

A distribución por sexo do total de estudantes nas titulacións anteriormente sinaladas, sería maior nun 12% en mulleres.

Cabe destacar unha redistribución por idade que foi transformando ao alumno no Centro Asociado, durante os últimos cursos en estudantes, máis novos. Este curso 2015/2016 o 66% son alumnos e alumnas menores de 30 anos.

As carreiras máis demandadas para este curso son as mesmas que en cursos anteriores: Grao en Psicoloxía, Dereito e Traballo Social, disciplinas nas que cada curso, os alumnos confían máis o seu futuro profesional, á vista dos datos extraídos e cuantificados.

Os datos de matrícula de Extensión Universitaria e Divulgación Cultural, dentro de Ensinos non regrados, desde o mes de setembro son de 1.459 alumnos matriculados. Dato moi significativo, tendo en conta que para todo o curso pasado o número de estudantes nesta área formativa sería de 2.808.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

datosmatricula201520163160
Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es