Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Detencións ilegais policiais"

3 de junio de 2021

Celebrarase os días 14 e 15 de xuño, en xornada de tarde, nas modalidades online en directo mais en diferido; ademáis, conta co recoñeemento de 1 ECTS.

Dende a Aula UNED de Ferrol propoñémosvos un nuevo curso formativo para finalizar este ano académico. 

curso "Detencións ilegais policiais", terá lugar nas tardes do luns 14 e martes 15 de xuño de 2021, de 16:30 a 20:30h. 

Este curso propón unha análise dos delitos de detencións ilegais desde a perspectiva dos membros das forzas e corpos de seguridade, tendo en conta que tamén os particulares poden deter nalgúns supostos. A análise da xurisprudencia máis recente e da doutrina especializada son as bases deste estudo.

Preténdese expoñer os trazos característicos dos delitos de detencións ilegais, tendo en conta que os membros das forzas e corpos de seguridade son particularmente vulnerables ás denuncias pola comisión destes delitos. Poden deter por delito leve? Poden deter a alguén que se quita a máscara nun autobús cheo de xente? Cando se considera que a detención se realiza “fóra dos casos permitidos pola lei”? Como responde o compañeiro do policía que comete unha detención ilegal? Todas estas preguntas responderanse durante as sesións. O obxectivo fundamental é dar a coñecer ao alumnado as ricas posibilidades interpretativas que ofrecen estas figuras delituosas.

O curso consta de 25 horas de formación, das que 8 horas son de explicación teórica; de ser superado, entregarase un certificado de aproveitmento co recoñecemento de 1 ECTS

Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, poderase seguir únicamente en modalidade online, coas opcións de seguimento en directo mais en diferido

Dirixido por Ascensión García Ruiz, profesora do Departamento de Dereito Penal e Criminoloxía da UNED, será impartido por Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) e Eduardo Ramón Ribas, catedrático de Dereito Penal da Universitat de les Illes Balears (UIB). 

Este curso está especialmente dirixido a estudiantes dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, etc. Membros dos corpos e forzas de seguridade (Policía Nacional, Gardia Civil, Policías Autonómicas, Policía Local e Policía portuaria). Profesionais do ámbito xurídicopenal e criminolóxico (avogacía, procuraduría, fiscalía, etc.). Opositores/as aos diferentes niveis da Administración PúblicaCualquera persoa interesada na temática do curso.

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 14 de xuño de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible hasta el 16 de xuño de 2021. 

Bonificacións na matrícula:

Lembra que, si es alumno/a da UNEDtitor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrolmembro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiado/a no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto na matrícula

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

  •  Secretaría da Aula UNED de Ferrol no teléfono: 981 36 40 26 (de luns a venres, de 16:00 a 20:30 horas) ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es

----------------------------------{}---------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es