Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Dous grupos de alumnos e alumnas gozaron onte xoves da primeira visita guiada ao Castro de Elviña

20 de septiembre de 2019

Esgotadas as 60 prazas desde hai semanas, gozaron de case hora e media de percorrido polos restos do poboado celta da Coruña

Onte tivo lugar a primeira visita guiada organizada pola Delegación de Estudantes do Centro ao Castro de Elviña. O día, despexado, sen vento e caloroso, facilitou a visita ao escarpado lugar, podendo apreciar os traballos de conservación e restauración levados a cabo no Castro. Dúas estupendas guías turísticas acompañaron aos dous grupos de visitantes polo percorrido que durou aproximadamente 1 hora e media.

A pesar do escarpado do terreo, a visita transcorreu con normalidade e con interese por parte dos e das visitantes que, en todo momento, preguntaron ás guías sobre diferentes cuestións do Castro. Durante o percorrido puidemos contemplar as dúas portas recentemente restauradas, as murallas e as edificacións entre elas, a "Croa" ou coroa do Castro, onde se concentran as vivendas e onde, ademais, puidemos admirar a panorámica da cidade herculina. 

Unha das partes que espertou máis interese (e máis preguntas) foi o altar púnico e o fantástico alxibe que, nesta ocasión, estaba case sen auga. Tamén visitamos a edificación onde foi atopado, escondido baixo as pedras, o tesouro de Elviña e o ídolo do Castro, ambos os expostos no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón. Moitas das persoas que asistiron onte ao Castro tamén acudirán ás programadas ao Castelo de San Antón, polo que complementarán o visto onte cos restos arqueolóxicos expostos no museo.

Pero tamén puidemos observar os estragos realizados pola irresponsabilidade e a falta de respecto ao noso patrimonio, como os buracos nos muros realizados para colgar grellas ou as bases da xa desaparecida torre de alta tensión que coroaba o Castro. 

Delegada de Estudantes do Centro UNED A Coruña, Noelia Moreta, estivo en todo momento pendente de que a visita resultase un éxito. Tamén, queremos agradecer expresamente a colaboración altruísta a Ramón Barral, veciño do Castro que regulou o tráfico, facilitou sitios para aparcar e que, en todo momento, axudou de forma desinteresada a que as persoas que onte nos achegamos ao Castro de Elviña puidésemos gozar da visita.

PRÓXIMA VISITA GUIADA AO CASTRO DE ELVIÑA:

Esgotadas as prazas para visitar o Museo Arqueolóxico e o Castelo de San Antón, aínda están dispoñibles prazas para a próxima visita guiada ao Castro de Elviña, que se celebrará na mañá do próximo 03 de outubro. As persoas interesadas poden inscribirse aquí

Recomendacións importantes para gozar da próxima visita:

1.- Acudide con calzado cómodo e vestiario adaptado á climatoloxía. O Castro de Elviña é un lugar aberto, sen zonas para gorecerse do sol, a choiva ou o vento. Ao ser unha zona elevada, é habitual que sopre moito aire polo que é recomendable levar algunha peza de abrigo. Se o día é asollado, acudide con gorra e auga coa que hidratarse; se é chuvioso, con paraugas ou roupa impermeable. En todo caso é altamente recomendable levar calzado cómodo para camiñar. 

2.- Acudide 15 minutos antes da celebración da visita para facilitar a organización dos grupos e facer o control de asistencia. Lembrámosvos que o acceso ao Castro é restrinxido polo que se pecha durante o percorrido. As persoas que non cheguen a tempo non poderán entrar.  

3.- Utilizade o transporte público ou se tivésedes que desprazarvos en coche particular, aparcade no Campus de Elviña. O camiño onde se sitúa o Castro é estreito e non dispón de zonas habilitadas de aparcamento, polo que é recomendable usar a liña de bus urbano que vai á Universidade e utilizar a parada dispoñible na costa que une os campus de Elviña e Zapateira. Desde aquí hai apenas uns metros ata a entrada do Castro. Se levades coche, recomendámosvos aparcar na zona do Campus para evitar molestar aos veciños e ás veciñas que teñen as súas vivendas nesa zona. 

¡Grazas a todas as persoas e institucións que participastes onte da visita!

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es