Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Economía colaborativa: una nova forma de vivir, un novo paradigma de negocio

9 de marzo de 2016

Actividade íntegramente online programada para o mes de abril.

Neste curso falarase de como é posible sacar partido do consumo colaborativo como usuario, como produtor, como profesional e como empresa. As aplicacións máis estendidas da economía colaborativa: transporte, aloxamento, tempo compartido e finanzas colaborativas, desde unha visión multidireccional, mostrando as implicacións para todos os involucrados.

Actividade: Curso de Economía colaborativa: unha nova forma de vivir, unha novo paradigma de negocio.

Datas de celebración: do 4 ao 30 de abril de 2016.

Horario: facilitaranse vídeos gravados dispoñibles de maneira asíncrona.

Modalidade: exclusivante online.

Horas lectivas: 25 horas.

Créditos: 1.0 crédito ECTS e 2.0 créditos de libre configuración.

Ponentes:

 

  • Susana Blanco Miguélez. Doutora en Dereito. Directora de Ecos do Sur. Consultora.
  • María Díaz de Robles Badía. Coordinadora de Extensión Universitaria Centro UNED A Coruña.
  • Rodrigo Martín García. Profesor Contratado Doutor. Economía da empresa e contabilidade. UNED.

Contidos:

1.- Presentación. Susana Blanco e Rodrigo Martín.15 minutos.

2.- Principios de funcionamento da economía colaborativa. Susana Blanco e Rodrigo Martín. 90 minutos.

3 .-Aplicacións máis estendidas (I): aloxamento, bancos de tempo. Susana Blanco e Rodrigo Martín. 90 minutos.

4.- Aplicacións máis estendidas (II): transporte, finanzas. Susana Blanco e Rodrigo Martín. 90 minutos.

5.- Aplicacións máis estendidas (III): outras actividades, servizos e intercambios. Susana Blanco e Rodrigo Martín. 90 minutos.

6.- Iniciativas no mundo da economía colaborativa: como usuario-produtor, como profesional e como empresa. Rodrigo Martín e María Díaz de Robles. 90 minutos.

Programa:

Datas: 4 abril -17 abril de 2016. Actividade: Visualización e estudo das sesións dispoñibles por webconferencia. Responsables: Asistentes ao curso.

Datas: 11 abril-24 abril de 2016. Actividade: Desenvolvemento das actividades de análises asignadas a cada asistente por parte do equipo docente do curso. Responsables: Asistentes ao curso.

Datas: 4 abril -24 abril de 2016. Actividade: Formulación de dúbidas relativas aos contidos e as actividades para presentar. Responsables: Asistentes ao curso.

Datas: 4 abril -24 abril de 2016. Actividade: Resolución de dúbidas relativas aos contidos e as actividades para presentar. Responsables: Equipo docente do curso.

Datas: 25 abril -30 abril de 2016. Actividade: Revisión das actividades presentadas e notificación da superación do curso. Responsable: Equipo docente do curso.

Máis información do curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es