Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro UNED A Coruña e a Axencia Galega de Doazóns de Sangue e Órganos (ADOS) asinan un convenio de colaboración para o fomento de actividades divulgativas

19 de mayo de 2021

A firma entre o conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña, e o director do Centro Asociado á UNED en A Coruña, D. Germán Carro, ta Coruña, D. Germán Carro, tivo lugar na mañá do martes 18 de maio na sede da Consellería

conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña e o director do Centro Asociado á UNED na Coruña, D. Germán Carro, asinaron na mañá do 18 de maio o convenio destinado á realización de actividades de divulgación que sensibilicen sobre a doazón altruísta de sangue, órganos e medula ósea.

O acto se realizou nas dependencias administrativas de San Lázaro, sede da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e, durante a firma estiveron tamén presentes o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde (SERGAS), D. Jorge Aboal Viñas, e a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Dª. Marisa López García.

Este convenio é froito da colaboración iniciada no Ciclo de conferencias sobre a importancia da doazón de órganos, sangue e médula ósea, organizado xunto con ADOS, pertencente á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, conformado por tres conferencias gratuítas, abertas ao público en xeral, celebradas durante o mes de marzo, no marco das actividades en promoción da saúde e o benestar persoal da poboación en xeral e da nosa comunidade universitaria, en particular, como parte das accións do Ciclo "Depende de ti" 2020-2021 e da proposta da #UNEDSaludable.   

Como lembrou a directora de ADOS na súa intervención, Dª Marisa López, este ciclo foi acollido con enorme interese por toda a comunidade universitaria, alcanzando unha alta participación, logrando así ampliar as accións de sensibilización nesta materia; tamén destacou o impacto observado, xa que aumentaron as consultas informativas e as doazóns o que é especialmente relevante no contexto actual da pandemia por COVID-19.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña, felicitou ó Centro UNED A Coruña e a ADOS polo labor realizado, lembrando a necesidade destas campañas informativas que teñen un efecto directo sobre a saúde e a calidade de vida da poboación, logrando o obxectivo final de salvar moitas vidas. O conselleiro de Sanidade tamén destacou á experiencia da UNED na formación a distancia como elemento central á hora de conseguir chegar a máis xente, sendo un referente na realización de actividades telemáticas; mostra diso, como lembrou con agarimo, foi o acto celebrado en outubro de 2020 no noso Centro, de entrega de premios do V Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa Doazón e o Trasplante de Medula Ósea 2019/20, que, ademáis de ser o primeiro acto institucional no que participou como conselleiro, se puido celebrar con toda seguridade a pesar da alerta sanitaria.

Finalmente, o director do Centro Asociado á UNED na Coruña, D. Germán Carro, agradeceu a colaboración que ambas as institucións, tanto ADOS como a propia Consellería de Sanidade, viñeron desenvolvendo co noso Centro, de forma desinteresada, e reiterou a vontade de continuar desenvolvendo accións na mesma liña. Lembrou tamén as diferentes accións levadas a cabo nos últimos anos para fomentar a saúde e calidade de vida entre os nosos estudantes, profesorado e PAS, pero tamén a poboación en xeral da nosa contorna, sendo un dos obxectivos principais do noso Centro, como parte esencial das nosas misións e valores. Durante a reunión, perfiláronse propostas concretas que se materializarán nos próximos meses.

  • Imaxe (de esquerda a dereita): D. Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde (SERGAS), D. Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade e presidente do SERGAS, D. Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado á UNED na Coruña e Dª. Marisa López García, directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), durante a firma do convenio. 

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña   

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es