Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Elixín a UNED porque era a única pública na que podía seguir traballando e estudando"

19 de noviembre de 2015

Luís Couce Vidal. Graduado en Dereito.

Luís Couce Vidal exerce de procurador desde o ano 1988. Foi secretario da Administración de Xustiza entre os anos 1982 e 1985.

O curso pasado se graduó en Dereito nesta Universidade.

Por que decidiches realizar un Grao na UNED?

"Por cuestións primeiramente persoais e posteriormente, cando apareceu o anteproxecto lei de servizos profesionais, tamén por motivos profesionais. Elixín a UNED porque era a única pública, creo, na que podía seguir traballando e estudando".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Non houbo cambios no proceso desde o inicio dos estudos. Como o meu era unha continuación de estudos que iniciara nunha Universidade presencial expúxenme desde un principio unha forma de estudo que mantiven practicamente sen modificacións, xa que me ía ben dese modo. Ademais coincidiron diversas circunstancias laborais que facilitaron o meu estudo, principalmente unha redución do número de asuntos debida á crise e á nova lexislación tributaria. (Lei de Taxas)".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"Pola particularidade da miña profesión. Desde o ano 1982 había que ser Licenciado en Dereito para exercer a miña profesión, pero por dereitos adquiridos eu puiden exercela sen esa titulación, non supoñería unha variación substancial continuar exercendo a miña profesión. O que si me axudou, como non podía ser doutra maneira, ao aumento dos meus coñecementos xurídicos noutras ramas do Dereito. É evidente que a non tan curto prazo o horizonte de posibilidades amplíase excesivamente tendo en conta do que supón posuír un título de Grao".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"A miña contorna, a miña muller e os meus dous fillos, padeceu estes catro anos a miña situación de estudante, sobre todo en época de exames. O feito de estudar e traballar supuxo un cambio radical na situación familiar. A miña familia dicía que estaba insoportable, ademais, desde un principio, expúxenme que tiña que estudar absolutamente todos os días, co sacrificio que iso supón, non só para min. Ademais como tiña que madrugar moitísimo os cambios de costumes, como é obvio, afectaron a toda a contorna".

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres negativos do teu paso por esta universidade.

"Sintetizar en seis adxectivos o meu paso pola UNED é difícil, no positivo tería que destacar a organización e as plataformas dixitais, no negativo as inercias que aínda seguimos vivindo nalgunhas ocasións no relativo ás esixencias dos exames. Non é de recibo que haxa materias de Grao e Licenciatura con distinta carga lectiva no papel que teñan o mesmo programa, materia e dificultade no exame".

Anímasche a seguir estudando?

"Estou matriculado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas".

  • Accede a toda a información do Acto de Apertura de Curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

tituladounedacorunaluiscouce3059
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es