Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Este ano toca un curso de Posgrao, pero só para descansar antes de empezar outro Grao. Vai ser certo o de que causa adicción".

6 de noviembre de 2015

Víctor Manuel Novo Carballeira. Graduado en Psicoloxía.

Víctor Manuel Novo Carballeira, graduouse en Psicoloxía na UNED o curso pasado.

Alumno deste Centro Asociado, fai case vinte anos que finalizou a súa primeira licenciatura, Educación Física en INEF Galicia. Posteriormente, matriculouse en Antropoloxía Social e Cultural nesta Universidade, estudos que tamén finalizou.

Actualmente asume a dirección dun centro educativo e é profesor de Educación Física en secundaria.

Por que te motivou realizar un Grao na UNED?

"A experiencia coa licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural foi moi satisfactoria, sobre todo a nivel persoal, polo que decidín completar a miña formación cos estudos de Psicoloxía, que casan á perfección co que eu xa coñecía".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Os meus obxectivos iniciais sempre foron persoais, tendo a sorte de podelos manter a nivel profesional".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudiante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Sempre existe unha evolución no estudo, cámbianse algunhas cousas, adáptanse outras. Cada materia pídeche cousas distintas polo que é importante identificar as necesidades para poder cubrilas".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"A curto prazo xa me achegou unha enorme satisfacción e algunhas ferramentas laborais. A medio prazo espero que se poida reflectir nun mellor desempeño no meu traballo".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"A UNED permite compaxinar traballo e estudo, pero só ata certo punto. Sen o apoio dos máis próximos non é posible. Ao final sempre acabas renunciando a pequenos praceres e sacrificando diversións para gañar tempo de estudo".

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres negativos do teu paso por esta universidade.

"Prefiro substantivos. Esforzo, coñecemento e satisfacción. O negativo... mellor obvialo".

Anímaste a seguir estudando?

"Por suposto. Este ano toca un curso de Posgrao, pero só para descansar antes de empezar outro Grao. Vai ser certo o de que causa adicción".

  • Accede a toda a información do Acto de Apertura de Curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

tituladovictornovocarballeira4355
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es