Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Asociado UNED da Coruña asina un convenio coa Xunta de Galicia destinado a impulsar actividades educativas, culturais e formativas a través do programa UNED Sénior

27 de mayo de 2019

O pasado venres 24 de maio tivo lugar a firma oficial entre Dª. Fabiola García, conselleira de Política Social, e D. Germán Carro, director do Centro Asociado da Coruña

A Conselleira de Política Social, Dª Fabiola García e o director do Centro UNED A Coruña, D. Germán Carro Fernández, asinaron na mañá do 24 de maio un convenio destinado ao financiamento do programa da UNED Sénior da Coruña. Tamén estivo presente D. Ildefonso de la Campa Montenegro, director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.

  A sinatura deste importante convenio formalizouse nas dependencias administrativas de San Caetano, sede do Goberno galego. Este acordo entre ambas as entidades supón un apoio para o desenvolvemento do programa Sénior da UNED nas zonas rurais da Coruña

  • Imaxe: Dª. Fabiola García, conselleira de Política Social e D. Germán Carro, director do Centro Asociado UNED da Coruña. Durante a firma tamén estivo presente Ildefonso de la Campa Montenegro, director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.

Durante a reunión, Fabiola García interesouse polas actividades realizadas polo alumnado máis veterano do Centro, subliñando a importancia do programa Sénior á hora de achegar a Universidade ás contornas rurais, zonas onde non ten habitualmente presenza, facilitando así o acceso á formación das persoas maiores dunha maneira activa e participativa. A Conselleira de Política Social destacou esta colaboración da Xunta de Galicia coa UNED da Coruña que permitirá impulsar actividades educativas, culturais e formativas para as persoas maiores incentivando o coñecemento e a cultura tanto do alumnado Sénior como da sociedade en xeral a través das experiencias adquiridas no programa. 

Germán Carro Fernández destacou a importancia do programa Sénior da UNED da Coruña que, máis aló da formación do alumnado máis veterano logrou ser un referente de dinamización social e cultural da contorna rural. Proba diso é a expansión que tivo o programa nos últimos anos por diferentes zonas da provincia, sendo xa 12 os concellos coruñeses do ámbito rural nos que ten presenza a UNED Sénior

O director do Centro da Coruña tamén destacou o labor, a dedicación e o excelente traballo realizado polo coordinador do programa UNED Sénior da Coruña, Luís A. Rodríguez Patiño, así como dos responsables de zona, principais dinamizadores do programa.

  Este importante acordo entre a Xunta de Galicia e o Centro UNED da Coruña supón unha garantía de continuidade para a formación do alumnado maior de 55 anos que, cada vez máis, demanda unha formación actualizada e adaptada ás súas inquietudes e intereses culturais

O Programa UNED Sénior, que presenta destacables peculiaridades en relación a outros programas afíns, desenvólvese integramente no ámbito rural galego, característica que determina un dos trazos máis sinalados do alumnado, así como a metodoloxía propia empregada neste sistema de ensino universitario . 

Máis información no servizo de Secretaría do Centro UNED A Coruña (981 14 50 51 / info@a-coruna.uned.es

>>Nota de Prensa<<

-------------------------{}------------------------ 

Síguenos en: 

Facebook 

Twitter 

YouTube 

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es