Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Formación Permanente

11 de noviembre de 2015

Prazo ordinario ata o 1 de decembro, prazo extraordinario ata o 13 de xaneiro de 2016.

Que é a Formación Permanente?

  • É un plan de formación enfocado á aprendizaxe ao longo da vida.

  • O principal obxectivo deste programa é mellorar e actualizar os coñecementos, as aptitudes e capacidades dunha persoa.

Como se estrutura o Programa de Formación Permanente?

  • Divídese en dúas grandes áreas: Programas de Posgrao e Programas de Desenvolvemento Profesional e Persoal.

Que se obtén ao superar os estudos de Formación Permanente?

  • Obtense un título propio asinado polo Reitor da UNED.

  • Trátase dun ensino universitario non oficial na UNED, onde a súa superación, acredita a especialidade e o nivel cursado.

  •  Os títulos propios son ensinos que as universidades poderán impartir en uso da súa autonomía, e que carecen de efectos académicos plenos e da habilitación para o exercicio profesional que as disposicións legais outorgan aos títulos oficiais.

  • A diferenza dos títulos oficiais, que teñen validez en todo o territorio nacional, con efectos académicos plenos, e habilitan para o exercicio profesional.

Que diferenzas hai entre os Títulos de Máster, Especialista e Experto?

  • A diferenza entre as tres categorías de títulos está no grao de especialización e actualización de coñecementos.

  • A maior número de créditos, maior profundización e categoría do título que se obteña.

  • Todos os cursos de Formación Permanente articúlanse a través dun sistema de créditos europeos (ECTS), que na UNED corresponden a vinte e cinco horas de dedicación do estudante.

Que sistema de avaliación teñen?

  • Habería que superar probas e traballos a distancia.

  • A cualificación será "apto", "non apto" ou "non presentado".

Cales son os prazos de matrícula?

  • Prazo ordinario de matrícula ata o 1 de decembro de 2015. Prazo extraordinario de matrícula (para determinados cursos), ata o 13 de xaneiro de 2016.

Máis información do Programa de Formación Permanente aquí.

Consulta todos os cursos aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

formacionpermanenteunedacoruna4724
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es