Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso: “Guía práctica para elaborar e presentar un TFG: a escritura académica nunha contorna dixital (curso 2018-2019)”

26 de marzo de 2019

O curso celebrarase os días 08 e 11 de abril e poderá seguirse en modalidade presencial e online (en directo e en diferido). É de especial interese para estudantes que deban elaborar un Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster

Desde o Centro Asociado UNED A Coruña proponse unha nova edición desta actividade de interese principalmente para o alumnado dos últimos cursos de Grao e Máster, que tamén pode ser de utilidade para calquera persoa que queira aprender como elaborar e presentar un traballo académico.

Este curso ten un carácter introdutorio aos aspectos principais da escritura académica, centrándose nas claves da elaboración, redacción e uso de ferramentas on-line que poden ser de utilidade para o posterior desenvolvemento dos traballos de fin de grao (TFG) e de máster (TFM). Trátase dunha formación que abordará os diferentes tipos de traballos académicos, a procura eficaz de información, a estrutura organizada do traballo, os aspectos formais a ter en conta e as claves para unha exitosa exposición oral.

A segunda edición do curso "Guía práctica para elaborar e presentar un TFG: a escritura académica nunha contorna dixital (curso 2018-2019)", consta de dúas sesións previstas para as tardes do luns 08 e o xoves 11 de abril na sede da UNED na Coruña. A actividade comprende 25 horas lectivas e pode seguirse tamén en modalidade online, tanto en streaming directo como en diferido. Unha vez superado o curso, poderase obter 1 crédito ECTS.

Celso Cancela Outeda, doutor europeo en Dereito, licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, especialista na Unión Europea e profesor titor da UNED desde 2007 no Centro Asociado da Coruña, dirixe e imparte de novo este curso.

A finalidade é que cada estudante adquira as habilidades xenéricas para a elaboración e redacción de traballos académicos, así como para a correcta utilización de ferramentas TIC na contorna universitaria. Outra parte importante é o coñecemento e manexo de recursos on-line gratuítos dispoñibles, como Google Scholar para a procura de información, Refworks para a citación de fontes, PowerPoint e Prezi para presentacións, ou Dropbox, Google Drive e Google Docs como ferramentas básicas para o traballo colaborativo ou en grupo.

Podes matricularte no curso aquí.

Máis información no servizo de secretaría do Centro UNED A Coruña (rúa Educación, 3 – 15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

----------------------------{}--------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es