Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"A soidade que percibía ao principio o alumno da UNED, creo que se pode dicir que xa non existe"

30 de noviembre de 2015

Elia Rodríguez Montero. Graduada en Historia da Arte.

"Son recentemente graduada en Historia da Arte pola UNED. Técnico Superior en Axentes de Viaxes e Especialista en Museología.

Obtiven unha bolsa de colaboración da Biblioteca na UNED da Coruña durante un curso académico.Traballei durante un tempo na empresa privada, e hai uns meses, realicei prácticas no Museo de Arte Contemporánea (MAC), da Coruña.

Fun representante de estudantes da sección de Xeografía e Historia desde o 2009 ata as pasadas eleccións, e dous anos representante de estudantes de Centro Asociado. Tempo no que organicei numerosas actividades de Extensión Universitaria neste Centro: visitas guiadas, conferencias, seminarios ...

Actualmente non traballo.

Tento ampliar e completar a miña formación con cursos e idiomas como francés, inglés e o portugués".

Por que decidiches realizar un Grao na UNED?

"Ao principio non tiña moi claro se realizalo online ou presencial. Estivera dous anos estudando en Segovia e ao volver atopábame cun "non saber que facer". Finalmente decanteime pola UNED pola posibilidade de compaxinar os meus estudos co mundo laboral, persoal e familiar.

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Ambas as cousas, tanto persoais como profesionais. No persoal, porque sempre quixen estudar Historia da Arte e ao implantarse este Grao na UNED, non o dubidei. Cambieime da licenciatura ao Grao de Historia da Arte e foi un auténtico acerto. E profesionais, porque nunca se sabe onde podes terminar a túa vida laboral.

A idea de facer Historia da Arte pareceume moi atractiva. Desde pequena, os meus pais, inculcáronme a paixón pola cultura, pero sobre todo pola Arte. Ter unha nai que é profesora de Ciencias Sociais quizais, axudou un pouco a inclinar a miña balanza hacia esta carreira, aínda que tamén tiña outras carreiras en mente".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"O meu proceso como estudante foi cambiando ao longo de todos estes anos. Ao principio, recordo que cando me matriculaba, facíao de moitas materias. Cos anos e a experiencia vas aprendendo que é mellor coller poucas e ben seleccionadas, a moitas. Logo tes que estar a estudar durante moito tempo e non hai intres de descanso.

Ao principio, tamén recordo que estudaba soa, apenas coñecía a ninguén. Pero unha vez que vas a clase, e te apuntas a conferencias, a actividades, xa vas coñecendo a xente, vas formando o teu grupo. Acabas estudando materias en común, e quedando entre semana para preparalas. No meu grupo de estudo reuniámonos na cafetería ou nalgunha aula baleira.

Logo comezaron as clases online, cada vez máis frecuentes. Coincides con moitos compañeiros e compañeiras de toda España e doutros lugares do mundo nas diferentes materias. De novo terminas formando un grupo de estudo.

Pasando de estudar de formar presencial e conxunta, a estudar de forma online, co apoio das redes sociais, de skype, do correo electrónico. Todo iso cos meus alfitos -en referencia á plataforma ALF-.

Moitos xa acabamos, a outros lles falta pouco, pero sempre estamos aí para axudarnos.

A soidade que percibía ao principio o alumno da UNED, creo que se pode dicir que xa non existe. Por este motivo a miña época de estudante tivo varias fases: a soidade do estudante novato, a presencialidade, ao asistir ás titorías no Centro Asociado e a outras actividades, e a vida académica online.

É por isto que considero que houbo unha evolución desde que empecei a estudar na UNED ata agora, os cursos virtuais non eran o que son agora e os medios tecnolóxicos han cambiado moito desde entón".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"Agora mesmo non o podo dicir con certeza. Coa titulación puiden realizar unhas prácticas extracurriculares. Puiden impartir un par de conferencias sobre o meu Traballo Fin de Grao (TFG), pero de aquí a que pasen un par de anos, aínda non o sei, xa se irá vendo.

Gustaríame seguir impartindo conferencias en diferentes áreas. Preparar tamén oposicións, e buscar un traballo".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Renunciei a moitas cousas que ao principio ninguén podía entender, pero a medida que avanzaban os anos de estudo na UNED, han visto que conseguín a miña meta, acabar esta carreira, pola que levaba tanto tempo loitando e detrás dela.

Tiven o apoio de moita xente, sobre todo en momentos nos que tiñas ganas de tiralo todo pola borda e non seguir estudando. Sacrifiquei tempo, persoal, familiar, por dedicar horas de estudo ás diferentes materias.

Pero tamén gañei moito: á miña parella, á que coñecín na UNED, aos meus amigos e amigas alfitos, a delegados e ex- delegados e iso é algo que tamén lle debo a esta Universidade.

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres negativos do teu paso por esta universidade.

"Positivos: constante, optimista, e vontade. Negativos: perfección, impaciente e inxenuo".

Anímaste a seguir estudando?

"Si, claro que me animo a seguir estudando. Acábome de matricular no Grao de Xeografía e Historia pola UNED, e a miña intención é, como xa finalicei Historia da Arte, facer o curso que vén o Máster de investigación para logo doctorarme. Tamén me gustaría facer outra carreira, por exemplo , Antropoloxía, pero sen dúbida, se houbese Xornalismo ó Maxisterio, seguramente me metería de cabeza".

Elia quixo completar a entrevista con estas palabras:

"Puiden estudar na UNED grazas ao apoio que recibín dos meus pais, da miña familia e do resto da xente da miña contorna. Tardei, si, pero mereceu moito a pena porque ao final conseguiuse.

A UNED evolucionou moito desde que eu empecei a estudar , recordo cando apenas existían os cursos virtuais, bo ... empezaban, pero non eran o que son agora. As clases online nin se coñecían. Agora hai clases presenciais e virtuais.

É certo que hai moitas cousas poderíanse mellorar.

O balance que podo facer da UNED foi moi positivo, aínda que, hei de recoñecelo, ao principio existía a palabra distancia, pero aos poucos esa distancia existente foise facendo cada vez moito máis pequena. Estudar na UNED non é o mesmo que estudar na presencial, cambia a metodoloxía e a forma de estudar, pero á fin e ao cabo, estás a estudar ben porque apetéceche, ou ben porque o necesitas. E a min gustaríame seguir aprendendo".

  • Accede a toda a información do Acto de Apertura de Curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

tituladaeliarodriguezactoaperturaunedacoruna2596
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es