CUID. Idiomas a Distancia. Alemán, Xaponés, Árabe e Galego, entre as novidades deste curso
14 de septiembre de 2017
Amplíase a oferta de niveis en Inglés e Eúscaro. >>Ampliado o prazo de matrícula ata o 13 de novembro de 2017<<

Como é o ensino de Idiomas a través do CUID UNED?
- Os niveis de idiomas que ofrece o CUID están adaptados aos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
- Recoñecemento oficial polas Escolas de Idiomas* En Galicia consultar a Circular 3/2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia. Noutras Comunidades Autónomas consultar lexislación aplicable
- Para acceder non se require titulación académica.
Cal é o prazo de matrícula?
É totalmente en liña ou é necesario asistir a titorías?
Hai dúas modalidades de aprendizaxe:
*Semipresencial (blended learning)*
- Con titorías de apoio no Centro Asociado, cuxa organización dependerá do número de matriculados en cada idioma e nivel.
- Serán impartidas por profesores titores.
- Con periodicidade semanal.
- A asistencia ás titorías non é obrigatoria.
*Virtual ou en liña*
- A atención docente será asumida polo titor en liña a través das ferramentas de comunicación do curso virtual.
- Os alumnos nesta modalidade non contarán coas clases presenciais dos profesores titores no centro asociado.
- Maior peso á aprendizaxe autónoma.
- Toda a comunicación do curso terá lugar a través do curso virtual, por tanto recoméndase solvencia no uso do computador e da internet.
Que idiomas pódense estudar no Centro Asociado da Coruña?
Sede A Coruña- Modalidade en liña
O alumno poderá matricularse adscrito ao Centro UNED A Coruña recibindo formación 100% en liña nos seguintes niveis:
- Inglés A1, A2, B1, B2, C1 e C2 Nivel novo este curso
- Francés: A1 e A2
- Italiano A1, A2, B1, B2 e C1
- Alemán: A1 Novidade este curso
- Portugués C1
- Xaponés A1 Novidade este curso
- Árabe A1 Novidade este curso
- Español para estranxeiros A1, A2, B1 e B2
- Galego A1 Novidade este curso
- Catalán-Valenciano A2, B1, B2, C1
- Eúscaro A1, A2, B1 e B2 Niveis novos
- Lingua de signos española: A1 e A2
Sede A Coruña- Modalidade semipresencial
Implantar titorías de apoio no Centro Asociado, cuxa organización dependerá do número de matriculados en cada idioma e nivel. A docencia será integramente na sede do Centro UNED A Coruña.
Niveis:
- Inglés. Niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2 Nivel novo
- Francés. Niveis A1, A2, B1 e B2.
- Alemán. Niveis A1 e A2.
E na aula de Ferrol?
A aula de Ferrol, adscrita á UNED A Coruña, dispón de formación en idiomas 100% en liña nos seguintes niveis:
- Inglés: A1, A2, B1, B2, C1 e C2 Nivel novo este curso
- Francés: A1, A2
- Italiano: A1, A2, B1, B2 e C1
- Alemán: A1 Novidade este curso
- Portugués: C1
- Xaponés A1 Novidade este curso
- Árabe A1 Novidade este curso
- Galego A1 Novidade este curso
- Español para estranxeiros A1, A2, B1 e B2 Novidade este curso
- Eúscaro A1, A2, B1 e B2 Novidade este curso
- Catalán-Valenciano A2, B1, B2, C1 Novidade este curso
- Lingua de signos española: A1 e A2
Accede ao CUID desde a web do Centro Asociado e desde o portal UNED.
Máis información:
Secretaría sede A Coruña
981 14 50 51
info@a-coruna.uned.es
Secretaría Aula Ferrol
981 36 40 26
info@ferrol.uned.es
----------------------------{}---------------------------
Descarga o folleto informativo en pdf.
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
Google+
Youtube
Blog UNED Sénior A Coruña