II Feira de Emprego: Charlas e talleres
30 de mayo de 2019
Presentámosvos o programa de charlas e talleres que se realizarán o día 12 de xuño durante a II Feira de Emprego, poden seguirse en modalidade presencial e online (en directo)
Programa das charlas e presentacións:
- Quenda de mañá:
Desde as 10:30 horas realizaranse charlas e talleres breves de diferentes organismos e institucións para asesorar na procura de emprego desde diferentes puntos de vista, orientar acerca da realidade laboral da contorna e dar a coñecer as opcións de prácticas, formación e bolsas tanto nacionais como no estranxeiro.
- - 10:30 h.: "A Inserción laboral no ámbito local". Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña.
- - 11:00 h.: "Prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais". Fundación Galicia Europa.
- - 11:30 h.: "Redes de Información Europea. Oportunidades na web". Europe Direct Deputación da Coruña.
- - 12:00 h.: "Claves para o emprendemento". Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña.
- - 12:30 h.: "Redes Sociais e Internet para a procura de emprego". Confederación de Empresarios da Coruña.
- Quenda de tarde:
Desde as 17:00 horas realizaranse presentacións breves nas que os Colexios Profesionais darán a coñecer o seu traballo, así como as oportunidades profesionais e as vantaxes formativas que ofrece a colegiación.
- - 17:00 h.: Presentación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)
- - 17:30 h.: Presentación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia)
- - 18:00 h.: Presentación do Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICP Coruña - CEPROC)
- - 18:30 h.: Presentación do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (CEESG)
- - 19:00 h.: Presentación do Colexio de Economistas da Coruña.
- - 19:30 h.: Presentación do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña (ICACOR)
- Data e localización: o mércores 12 de xuño de 2019 na sede do Centro Asociado UNED A Coruña
- Aula: Salón de Actos
- Asistencia: presencial e online (streaming directo).
- Inscrición e matrícula: gratuíta, é necesaria a inscrición previa a través desta ligazón.
- Outras empresas e organismos participantes na II Feira de Emprego:
- - Forzas Armadas. Subdelegación de Defensa da Coruña
- - Seguros OCASO
- - LN Consultores
- - Grupo TEMPORING
- - SOFTTEK
- - Fundación Equipo Humano
Accede ao vídeo presentación aquí.
Máis información en:
-------------------------{}------------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
Youtube
Blogue UNED/UNED Sénior A Coruña