Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A II Feira de Emprego reuniu a 200 persoas en busca dunha oportunidade laboral

18 de junio de 2019

Esta segunda edición contou con 16 empresas e institucións participantes e 11 charlas informativas que tamén se seguiron online

O pasado día 12, máis de 200 alumnos e alumnas acudiron á sede da UNED A Coruña para asistir á II Feira de Emprego organizada polo Centro.

EMPRESAS

A maior afluencia de xente concentrouse na quenda de mañá, onde os e as estudantes puideron contactar desde as 10:00h coas 8 empresas e fundacións presentes no hall do Centro: Europe Direct, Fundación Equipo Humano, Fundación Galicia-Europa, Forzas Armadas, Grupo Temporing, LN Consultores, Seguros Ocaso e Softtek. A pesar da concentración de xente, as empresas tomáronse o seu tempo para coñecer a cada candidato, preguntarlle polos seus intereses, trazar o seu perfil e ver as posibilidades laborais dentro da entidade. De igual modo, os e as asistentes interesáronse por diferentes empresas e entidades, visitando cada caseta para coñecer as posibilidades de cada sector e buscar novas perspectivas laborais. 

Este feito foi sinalado por varios dos asistentes. Unha alumna do grao de Químicas comentaba que para a súa especialidade era importante coñecer as posibilidades de traballo nas diferentes empresas, xa que lle abría alternativas laborais dentro da súa área nas que non pensara ata ese momento. Outro alumno sorprendíase gratamente ao ver que as ofertas laborais non tiñan límite de idade, xa que outras feiras de emprego adoitan ter só ofertas para menores de 30 anos e, como sinalou, “os estudantes da UNED somos algo máis veteranos.” 

As empresas participantes destacaron o perfil dos estudantes da UNED, valorando moi positivamente a cualificación profesional, a autodisciplina do traballo autónomo e a responsabilidade persoal coa formación e a aprendizaxe; todas características apreciadas en calquera sector laboral. Ao terminar a quenda de mañá, as empresas e fundacións levaron entre 20 e 40 currículos de estudantes da UNED. 

TALLERES 

Paralelamente, no salón de actos, os talleres e charlas foron seguidos por un público interesado, tanto presencialmente como online. Nuria Rebollo, coordinadora do COIE do Centro, foi a encargada de presentar e dar paso aos representantes das 5 institucións que impartiron a formación. 

Ana Colino Gallego, xefa da Sección de Fomento do Emprego do Concello da Coruña abriu a formación da quenda de mañá coa charla “A Inserción laboral no ámbito local", na que informou sobre os distintos servizos que o concello coruñés dispón en relación á procura de emprego.

Cristina Dans Iglesias e Valentín Gómez-Iglesias Rosón, da Fundación Galicia-Europa, informaron sobre as "Prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais", especialmente dirixidas a estudantes dos últimos cursos de grao e recentemente titulados/as. Esta charla completouse coa información achegada no terceiro taller da mañá, a cargo de Cristina Couto Palla, xefa de Equipo de Europe Direct-Deputación da Coruña, que informou sobre as "Redes de Información Europea. Oportunidades na web", especialmente dos portais de traballo da Unión Europea máis convenientes relativos aos estándares de oportunidades e o público aos que van dirixidos, como ferramentas eficaces na procura activa de emprego. 

Jorge Vidal Zapatero, xefe do Departamento de promoción económica e comercio do Concello da Coruña, impartiu un dos talleres máis seguidos polos asistentes: "Claves para o emprendemento", no que informou dos servizos, axudas e apoios que ofrece o concello coruñés para crear novas empresas. En liña complementaria, desde a Confederación de Empresarios da Coruña, Concepción Varela Vázquez, responsable de Proxectos e Iria Roade García, técnica de Proxectos da área de Emprego, finalizaron a formación da mañá falando sobre “Redes Sociais e Internet para a procura de emprego", noutro dos talleres máis concorridos e que espertou o interese dos asistentes. 

COLEXIOS PROFESIONAIS 

A tarde, dedicada exclusivamente á profesionalización e especialización laboral, congregou a 5 colexios profesionais no hall do Centro:Colexio de Economistas da Coruña, Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (CEESG), Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia) e Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICP Coruña -CEPROC).

Ademais, o COIE do Centro tamén estivo presente cunha mesa informativa, na que varios estudantes achegáronse a informarse sobre os másteres e programas de doutoramento da UNED, cos que completar a súa formación e ampliar os seus estudos. 

No hall do Centro, os e as estudantes puideron contactar directamente cos Colexios, exporlles as súas dúbidas e levar información (con algún agasallo extra) sobre os distintos colexios. Mesmo vestirse coa toga de procurador e facerse unha foto de Instagram no stand do I.C.P de Procuradores da Coruña.

Ao igual que na mañá, paralelamente, no salón de actos, se levaron a cabo as presentacións dos Colexios Profesionais, introducidas por Noelia Moreta Liñares, delegada de estudantes do Centro UNED A Coruña

Abriron as charlas da tarde, en representación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), Mayka González Mouriño, técnica de Emprego e María Fe Sampayo Fernández, técnica de Formación. Inmediatamente despois foi a quenda do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia), a cargo de Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, vicesecretaria e responsable do departamento de Formación, Emprego e Desenvolvemento, e José Ortuño Vilurbina, vicepresidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións. Seguidos de Javier Carlos Sánchez García, Decano do Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña(ICPCoruña - CEPROC), que presentou un vídeo explicativo sobre a profesión, elaborado especificamente para a II Feira de Emprego. 

Tras un descanso, foi a quenda do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (CEESG), representado pola súa vicepresidenta, Natalia Domínguez Galán. Seguido do Colexio de Economistas da Coruña, con Rosa Ónega Saavedra, secretaria técnica e Iria Flavia Dapena Seijas, secretaria técnica adxunta. Finalmente tivo lugar a presentación do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña (ICACOR), representado polo deputado 6º, Carlos Tomé Santiago,

Os representantes dos Colexios informaron o alumnado asistente sobre as vantaxes laborais que ofrece a colexiación, especialmente no relativo ao asesoramento, mediación e orientación profesional, legal e administrativa; a protección e defensa do código deontolóxico profesional, o acceso a información actualizada sobre ofertas de emprego e formación acreditada ou, entre outras, fomentar o networking profesional.

RESULTADOS: 

Do mesmo xeito que na edición anterior, esta II Feira de Emprego, destacou pola participación activa de empresas e alumnado, duplicando o número de asistentes con respecto ao ano anterior. As charlas e talleres, ademais, foron seguidas online desde diferentes puntos da xeografía española: Madrid, Asturias, Cantabria, Ciudad Real, Cuenca, Murcia, Ourense, Pontevedra, Segovia, Valencia, e mesmo desde o estranxeiro, como Colonia ou Roma, demostrando o interese do alumnado pola súa inserción laboral. 

O mércores 12, máis de 30 profesionais de 16 entidades puxéronse ao dispor dos e as estudantes da UNED A Coruña, consolidando a II Feira de Emprego do Centro como un espazo de formación, orientación e inserción laboral. De igual modo, a gran acollida desta iniciativa por parte do alumnado logrou cumprir co obxectivo de mostrar ás empresas e entidades da cidade o potencial profesional do alumnado da UNED

 

Desde a organización, queremos agradecer a todas as persoas e entidades participantes o seu interese e colaboración gratuíta que, sen dúbida, foron parte do éxito alcanzado nesta segunda edición, logrando cumprir o propósito desta II Feira de Emprego:¡Ven e atopa a túa oportunidade!  

  

GALERÍA DE IMAXES: 

Europe-Direct – Deputación da Coruña

Fundación Equipo Humano

Fundación Galicia-Europa 

Forzas Armadas 

O delegado de Defensa en Galicia, o coronel Antonio Bernal Martín, visitou a II Feira de Emprego, acompañado de representantes da Subdelegación de Defensa da Coruña, incluído o tenente coronel Arturo Súarez Blanco. Na foto, acompañados do director do Centro UNED A Coruña, Germán Carro Fernández. 

  

Grupo Temporing  

LN Consultores 

  

Seguros Ocaso 

Softtek 

Colexio de Economistas de A Coruña

Colexio de Educadores i Educadoras Sociais de Galicia (CEESG) 

  

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) 

Durante a xornada de tarde, o director do Centro visitou os stands dos Colexios participantes.

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia) 

  

Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICP Coruña - CEPROC) 

  

As persoas interesadas puideron vestir a toga de procurador e sacarse unha foto para Instagram no stand do ICP de Procuradores da Coruña.

      

Centro de Orientación, Información i Emprego (COIE) do Centro UNED A Coruña  

Ana Luisa Colino Gallego, xefa da sección de Fomento do Emprego do Concello da Coruña: "A Inserción laboral no ámbito local"   

Cristina Dans Iglesias e Valentín Gómez-Iglesias Rosón, Fundación Galicia-Europa: "Prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais" 

Cristina Couto Palla, xefa de Equipo de Europe Direct Diputación da Coruña: “Redes de Información Europea. Oportunidades na web”. 

Jorge Vidal Zapatero, xefe do departamento de promoción económica e comercio do Concello da Coruña: "Craves para o emprendemento" 

María Concepción Varela Vázquez, responsable de Proxectos da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) e Iria Roade García, técnica de Proxectos da Área de Emprego da CEC: “Redes Sociais e Internet para a procura de emprego"

Mayka González Mouriño, técnica de Emprego e María Fe Sampayo Fernández Técnica de Formación: “Presentación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)  

Alejandra Isabel Fernández Rodríguez vicesecretaria e responsable do departamento de Formación, Emprego e Desenvolvemento, e José Ortuño Vilurbina, vicepresidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións: “Presentación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia) 

Javier Carlos Sánchez García, decano: “Presentación do Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICPCoruña - CEPROC) 

  

Natalia Domínguez Galán, vicepresidenta: “Presentación do Colexio de Educadores i Educadoras Sociais de Galicia (CEESG)  

Rosa Ónega Saavedra, secretaria técnica e Iria Flavia Dapena Seijas, secretaria técnica adxunta: “Presentación do Colexio de Economistas da Coruña  

Carlos Tomé Santiago, deputado 6º: “Presentación do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña (ICACOR) 

¡Gracias pola vosa participación!

-------------------------{}------------------------ 

Síguenos en: 

Facebook 

Twitter 

YouTube 

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es