Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Introdución á Arqueoloxía Subacuática: aproximación teórica"

26 de abril de 2019

Celebrarase do 08 ao 16 de maio en modalidade presencial e online (emisión en directo) e ten prazas limitadas

O Centro UNED A Coruña acolle nas tardes do 08 ao 16 de maio o curso "Introdución á Arqueoloxía Subacuática: aproximación teórica", dirixido a estudantes dos graos e másteres de Xeografía e Historia, Antropoloxía Social e Cultural e carreiras relacionadas coa área de Humanidades, así como público en xeral interesado na materia.

A idea fundamental deste curso é ofrecer unha perspectiva ampla e xeneral sobre a Arqueoloxía Subacuática, achegando información sobre a historia desta disciplina e profundando nos fundamentos básicos da mesma. Formarase ao alumnado no traballo dun xacemento subacuático, atendendo ás súas particularidades e ao seu desenvolvemento por medio de ferramentas, materiais e tecnoloxía para a investigación.

A formación estará a cargo de Antonio V. López Areas, relator principal que explicará a maior parte dos contidos; será o encargado de impartir a formación sobre a historia da arqueoloxía subacuática, así como diferentes aspectos desta disciplina, como a tipoloxía, a prospección, a escavación, a conservación de materiais, etc. Ademais, conta coa participación de especialistas que formarán ao alumnado en materias concretas, como o empresario topógrafo Luís Javier Rodríguez Cabeceira, que explicará a fotogrametría aplicada á Arqueoloxía Subacuática, e o Comandante do Armada Ángel Lozano Gálvez, que expoñerá o papel da Armada no ámbito do Patrimonio mergullado

Antonio López Areas, é Arqueólogo Subacuático, graduado en Xeografía e Historia (especialidade Arqueoloxía), responsable da área de Patrimonio do Norte do Departamento de Patrimonio Cultural Histórico Subacuático da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS) e membro do Grupo de Investigación Histórica e Arqueoloxía “Lembranza”. Participou en diferentes proxectos e prospeccións, destando o seu labor de director en 2018 do "Proxecto Eterna 18" e "Proxecto Eterna 19", ambos os impulsados por FEDAS en Viveiro (Lugo) para realizar a prospección visual, a batimetría do xacemento e a fotogrametría do pecio da fragata Santa María Magdalena, así como a prospección da ría en busca dos restos da expedición Cántabra naufragada en 1810. Desde o 2016 realiza labores de asesoramento sobre Patrimonio cultural aos clubes FEDAS de Galicia, Asturias e Cantabria e dirixe o Equipo de Patrimonio, o cal desenvolve os Proxectos Gallaeciae Mare e Expedición Cántabra

Este curso está organizado polo Centro UNED A Coruña xunto coa Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS), o Grupo de Investigación Histórica e Arqueoloxía “Lembranza” e en colaboración coa Armada, Unidade de Mergullo de Ferrol

Consta de 25 horas lectivas e pode seguirse na modalidade presencial e online (en streaming directo). Ten aforamento limitado e solicitouse o recoñecemento de 1 crédito ECTS. 

Podes consultar a información  e matricularte no curso aquí.

Máis información na Secretaría do Centro da Coruña (rúa Educación 3 – 15011, A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es