Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"A cidade de Amberes ofrece a posibilidade de estudar un multitude de aspectos da historia económica, social e cultural"

14 de octubre de 2015

Michael Limberger é Profesor Asociado de Historia Moderna na Universidade de Gante.

Michael Limberger é Profesor Asociado de Historia Moderna na Universidade de Gante (Bélxica). É membro do consello de redacción de sériea Historia Global, 'Die Welt 1000 ata 2000' e co-editor do volume 'Die Welt 1250 a 1500' Mandelbaum Verlag, Viena, 2008-2012.

Era membro do Comité Organizador da Conferencia Internacional de Historia Marítima (IMEHA) Conferencia de 2012, en Gante, (Tema: Global Maritime History). Participou en publicacións como : "Amberes no século XVI e a súa contorna rural" no ano 2008, "Fiscalidade e Débeda na moderna Cidade Temperá" no ano 2012, e "Intereses Publicos ou privados. Os investimentos de oficiais públicos en Amberes na época moderna" no ano 2015.

Profesor Liemberger, é autor de numerosos papers e publicacións, podería dicirnos cales son as súas principais liñas de investigación?

"Fixen a miña tese doutoral sobre o impacto do crecemento económico de Amberes no século XVI sobre a economía dos arredores rurais da cidade. Desta maneira concentreime bastante en aspectos da historia rural. Despues colaborei nun proxecto de investigación na universidade de Amsterdam onde fixemos unha comparación das relacións entre Amberes e Amsterdam e o estado central. Neste proxecto estudamos entre outras cousas as finanzas publicas de ambas as cidades o que me levou a interesarme na historia das finanzas publicas na época moderna. A cidade de Amberes é un caso moi agradecido para ese tipo de estudo porque ofrece a posibilidade de estudar un multitude de aspectos da historia económica, social e cultural. Ao mesmo tempo dispón duns arquivos moi ricos que proporcionan unha documentación moi completa".

Esta tarde impartirá un taller de Historia Medieval, en concreto falará sobre o mar do norte como rexión marítima na Idade Media e na Época Moderna. Todo un éxito á vista dos máis de 150 inscritos na actividade. Podería adiantarnos algunhas das claves do que vai contar esta tarde?

"A idea é de presentar o mar do norte como un espazo historico, que dunha parte influíu a maneira de vivir da xente do noroeste de Europa e da outra maneira condicionou a evolución historica desta mesma zona, por exemplo a consecuencia da expansión comercial que tivo lugar desde o século XIII. Tambien quería tratar o tema da converxencia cada vez mais grande da cultura maritima Europea e despois, mundial. Segundo pódese falar de cultural maritimas rexionais na idade media, estas culturas convértense aos poucos nunha cultura global".

Mañá comeza na aula de Ferrol, o Coloquio sobre as fronteiras da auga, as cidades portuarias e o seu universo cultural. Vostede participa na sesión de mañá cunha presentación. Que lles contará ao aforamento ferrolán?

"Falarei das conexións entre o desenvolvemento comercial que se produce en Amberes no século XVI, a expansión marítima atlántica e o protagonismo da cidade como centro artístico e cultural. Estas conexións maniféstanse en varios planos. En relación coa expansión comercial e a expansión marítima vemos que Amberes convértese nun centro de información, onde moi pronto se publican os principais textos relacionados coas viaxes a Africa, Asia e America, pero tamén unha gran variedade de libros cientificos, incluído sobre temas xeográficos, pero tamén información mais practica como a técnica da contabilidade mercantil ou os prezos das mercadorías principais.

Isto, á súa vez atraeu un gran número de humanistas, cientificos e xeógrafos que atopan en Amberes un ambente intelectual moi estimulante.

Este ambiente está descrito moi ben na obra de Lodovico Guicciardini na súa descrizzione dei tutti i Paesi bassi.

Outro campo relacionado co da imprenta é a actividade cartográfica con protagonistas como Abraham Ortelius e Gerardo Mercator. A base da información que chega a Amberes créase unha imaxe do mundo que á súa vez se distribúe polo mundo en forma de libros, cadros e mapas".

Que é o que lle motiva a investigar ao redor da Gobernanza dos portos Atlánticos?

"O motivo foi o interese para a historia de Amberes como papel importante que esta xogou dentro das redes comerciais e financeiras do mundo da epoca moderna. Amberes era un porto principal da rede atlántica e o grupo de investigación da gobernanza dos portos atlánticos ofréceme unha moi boa perspectiva para relacionar a miña investigación sobre Amberes nun marco comparativo".

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es