Desde o Centro Asociado UNED A Coruña proponse unha nova actividade formativa de interese, principalmente, aos alumnos matriculados nos últimos cursos de Grao, en Máster e en Doutoramento. A enquisa como ferramenta para solicitar datos; técnica metodolóxica básica para desenvolver un Traballo Fin de Grao (TFG), un Traballo fin de Máster (TFM) ou ben o traballo preparatorio de campo dun tesista. Especialmente útil para emprendedores e en áreas de Recursos Humanos.
"A enquisa: ferramenta crave para o coñecemento empresarial social e académico" consta de dúas sesións previstas para as tardes do 23 e 30 de novembro na sede da UNED na Coruña. A actividade comprende 25 horas lectivas e ao seu termo os asistentes poderán obter 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración (procedemento en trámite).
A formación, que estará a cargo de Loreto Vázquez Chas, doutora en Socioloxía e investigadora, baixo a dirección de María Barreiro Gen, profesora titora do Grao de Economía, ADE e Turismo no Centro Asociado, poderá seguirse a través das modalidades en liña e presencial. Abordaranse cuestións como a importancia correcta de definir previamente o obxectivo; a mostra e a elaboración do cuestionario. O deseño do pretest, a incursión das novas ferramentas para a realización de encuentas, a análise básica de datos e unha correcta xestión na protección dos datos empregados.
Todas as persoas interesadas poderán inscribirse na actividade a través da páxina web da UNED A Coruña, chamando por teléfono ao 981 14 50 51 ou nas propias instalacións do Centro Asociado.
Descarga folleto.
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en: