Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso “A Lei de Violencia de Xénero 15 anos despois: Tratamento Penal e Proxección Civil”

31 de enero de 2019

Nova actividade formativa homologada provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), prevista para os días 28 de febreiro e 01 de marzo nas modalidades presencial e en liña (streaming directo) na Aula de Ferrol.

A Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero cumpre o próximo mes de decembro 15 anos. Unha lei que naceu co principal obxectivo de protexer ás vítimas de malos tratos, perseguir aos maltratadores, previr e erradicar este tipo de violencia e convertela nun problema social. Neste décimo quinto aniversario toca facer balance dunha lei que, segundo o Goberno, o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero (CGPJ), as propias vítimas e os profesionais que as atenden, marcou un antes e un despois, porque representou a toma de compromiso máis seria do noso país con este problema. Pero, aínda que a Lei Integral representou un punto de inflexión, lamentablemente, non se pode descoñecer que, quince anos despois, non se conseguiron todos os obxectivos iniciais e que se debe mellorar, e avanzar, sobre todo na prevención e na protección ás vítimas.     

O obxecto deste curso é, por tanto, reflexionar sobre a Lei Integral contra a Violencia de Xénero tras 15 anos da súa entrada en vigor. Pero tamén introducir ao alumnado no proceso penal e o procedemento penal abreviado, así como aos xuízos rápidos en materia de violencia de xénero, revisar as actuacións da Policía Xudicial e proporcionar as directrices necesarias para a correcta intervención profesional na asistencia a vítimas e detidos. A idea fundamental é a capacitación do alumnado no coñecemento da violencia de xénero, así como na utilización das ferramentas necesarias para abordala. Para iso facilitaranse as claves necesarias para identificar as situacións nas que se produce este tipo de violencia, así como para a comprensión da mesma como un fenómeno estrutural. 

Este curso é de especial interese o alumnado dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Socioloxía, Traballo Social e Psicoloxía; pero tamén para o persoal das forzas e corpos de seguridade, funcionarios das Administracións Públicas relacionadas coa materia, así como calquera profesional do Dereito que interveña no proceso penal e, en xeral, a persoas interesadas na temática.  

 

Ana Rodríguez Piorno, licenciada en Dereito (USC), xuíza interina dependente do TSJ Galicia, membro de Mesa de Xuízas de Violencia de Xénero constituída en Santiago de Compostela en 2014 e profesora-titora do grao de Criminoloxía no Centro UNED A Coruña, será a encargada de impartir o curso os días 28 de febreiro e 01 de marzo na Aula de Ferrol. O curso realizarase en horario de tarde e pódese asistir de forma presencial ou ben por Internet en directo a través de streaming

O curso consta de 25 horas lectivas e, como en ocasións anteriores, solicitouse a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Tamén está en trámite de ser recoñecido con 1 crédito ECTS.      

Pódeste inscribir na actividade aquí.      

Este curso, ademais, inscríbese dentro das distintas actividades organizadas polo Centro Asociado UNED da Coruña con motivo da celebración do Día da Muller, o 08 de marzo.    

 

Máis información na Aula Universitaria de Ferrol (R/María, 52-54, 15402 Ferrol):

Teléfono: 981 36 40 26

Email: info@ferrol.uned.es     

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es