Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED A Coruña estrea novo deseño na súa páxina web

16 de noviembre de 2018

Compatible con smartphones e tablets.

Desde onte, 15 de novembro, a páxina web da Coruña cambiou o seu deseño ao formato responsive ou adaptativo, que é compatible con smartphones e tablets.

Este novo deseño está pensado para facilitar o acceso desde calquera dispositivo electrónico e favorecer unha correcta visualización dos contidos da web, tanto desde computadores persoais como desde smartphones e tables.

A través do deseño responsive ou adaptativo, o Centro UNED da Coruña quere proporcionar os mesmos contidos e unha experiencia de usuario o máis similar posible para toda a comunidade académica, independentemente do dispositivo que usen para acceder á páxina e das necesidades individuais, adaptándose á diversidade do alumnado e facilitando o seu acceso á información actualizada, en calquera momento e lugar. 

--------------------{}------------------- 

Síguenos en: 

Facebook 

Twitter 

YouTube 

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es