Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED da Coruña participa na elaboración do Plan Estratéxico 2021-2030 da Xunta de Galicia

18 de julio de 2019

O director, Germán Carro, foi convidado a participar na mesa sobre Familia e Benestar en calidade de experto

O pasado luns 15 de xullo tivo lugar a primeira reunión das mesas de traballo que colaboran na elaboración do Plan Estratéxico para Galicia 2021-2030 da Xunta de Galicia, que conta coa participación de máis de 400 expertos/as en 11 mesas de traballo temáticas, seleccionados entre representantes de colectivos sociais, sectoriais, empresariais ou da administración pública. Germán Carro, director do Centro Asociado UNED A Coruña, a proposta da Consellería de Política Social, foi convidado a participar na área de Dinamización demográfica e benestar, un dos eixos principais do Plan. As xornadas de traballo iniciadas o pasado luns na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, teñen como obxectivo determinar os grandes retos para a sociedade galega na próxima década.

Con esta finalidade, o director do Centro UNED da Coruña, Germán Carro, participou na Mesa 1 sobre "Familia e Benestar", acompañado de Laura Sánchez, coordinadora de Extensión Universitaria; nesta sesión analizáronse e se revisaron os resultados do plan que aínda está en vigor (2015-2020), os datos de proxección sociodemográfica 2020-2030 e realizáronse propostas de intervención prioritarias no ámbito do benestar social para os próximos anos. Durante a súa intervención sobre os retos e prioridades para a Galicia do futuro, o director do Centro UNED A Coruña centrouse no desenvolvemento tecnolóxico (especialmente nas áreas rurais), o incremento de programas formativos que favorezan a integración social de colectivos vulnerables, o envellecemento activo e o reforzo da cultura, así como o empoderamento da muller especialmente nas zonas rurais, como fórmula indispensable de desenvolvemento socioeconómico.

Galicia é unha das poucas Comunidades Autónomas que elaboran Plans Estratéxicos con liñas de actuación básicas, sendo este que se está a iniciar o terceiro Plan Estratéxico que se suma aos realizados para os períodos 2010-2014 e 2015-2020. As mesas de traballo continuarán a súa actividade ata mediados do 2020, debatendo sobre as prioridades, retos e necesidades a curto prazo; a UNED A Coruña seguirá participando, propoñendo actuacións específicas para fomentar a formación, integración e benestar social da poboación galega.

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es