Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED A Coruña reforza lazos co Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia

28 de enero de 2016

Está previsto que se programen actividades co obxectivo de achegar ao alumno a realidade profesional antes de finalizar os seus estudos nesta Universidade.

Durante a tarde do martes, 26 de xaneiro, tivo lugar a primeira toma de contacto entre responsables do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, cuxa sede se atopa en rúa Alameda desta cidade, o director da Escola Técnica de Enxeñeiros Industriais da UNED, José Carpio Ibáñez, que se desprazou desde Madrid para o encontro e Eduardo García Lodeiro, representante de estudantes do Centro Asociado coruñés, e delegado da sección de Enxeñeiros Industriais.

Posteriormente a esta cita, na mañá do mércores e como continuación ao primeiro encontro, desenvolveuse no Centro Asociado, unha reunión previa de traballo do director da UNED na Coruña, Germán Carro Fernández, e José Carpio e Eduardo García Lodeiro, onde se perfilaron as primeiras liñas do proxecto colaborativo que marcará o inicio desta andaina conxunta. Mesas redondas ou visitas guiadas, serán as actividades previstas durante os próximos meses. Informarase puntualmente na páxina web do Centro Asociado UNED A Coruña.

En palabras do Eduardo García Lodeiro, representante de alumnos do Centro, e membro da Xunta Reitora de Padroado da UNED A Coruña: "Con isto preténdese difundir o traballo realizado na formación de futuros enxeñeiros industriais, achegarlles a realidade profesional unha vez finalicen os seus estudos, beneficiándose de todas as vantaxes que ofrece pertencer ao Colexio Profesional"

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

visitajosecarpio27012016
Horarios provisionais+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es