Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso: "As leis de Estranxeiría en territorio Schengen: fluxos migratorios e cruzamento de fronteiras na Europa do Brexit"

6 de mayo de 2019

Nova actividade formativa que se celebrará os días 09 e 10 de maio na Aula de Ferrol, pode seguirse nas modalidades presencial e en liña (streaming e diferido), ten recoñecido 1 ECTS e solicitouse a homologación á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Carlos Villar Arévalo, licenciado en Dereito, especialista en Dereito de Estranxeiría e Migracións, será o encargado de impartir o curso "As leis de Estranxeiría en territorio Schengen: fluxos migratorios e cruzamento de fronteiras na Europa do Brexit" os días 09 e 10 de maio de 2019 na aula de Ferrol.

Neste curso impartiranse todos os coñecementos previos necesarios en relación co funcionamento dos fluxos migratorios e o cruzamento de fronteiras, aspectos básicos que o alumnado debe coñecer antes de abordar en profundidade o sistema xurídico español de Estranxeiría. Preténdese aproximar ao alumnado cara a unha maior comprensión da situación actual das persoas migrantes, dar a coñecer a dinámica de funcionamento dos fluxos e políticas migratorias, abordar os aspectos básicos relacionados co cruzamento de fronteiras e Estranxeiría, como o coñecemento do territorio Schengen e as súas características, especialmente no contexto europeo actual no que o Brexit expón posibles modificacións.

Este curso é de especial interese o alumnado dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Socioloxía, Traballo Social e Psicoloxía; pero tamén para o persoal das forzas e corpos de seguridade (Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, Policías Autonómicas e Policía Portuaria), así como para calquera persoa relacionada co ámbito da estranxeiría e público en xeral.

O curso consta de 25 horas lectivas, pode seguirse tanto de maneira presencial como online (a través da través de streaming directo e en diferido). Solicitouse a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e está recoñecido con 1 crédito ECTS.

Carlos Villar Arévalo é licenciado en Dereito, especialista en Dereito de Estranxeiría e Migracións, Inmigración Corporativa, Dereito Laboral e Dereito Administrativo. Letrado exercente do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, Asesor xurídico da ONGd Ecos do Sur e ONG Mestura con experiencia profesional de máis de 14 anos e máis de 6.000 accións en procesos migratorios e intervención en estranxeiría e Vogal da Xunta Directiva de EAPN en representación da ONGd Ecos do Sur. Como docente, impartiu Cursos de Dereito de Estranxeiría aplicados ao ámbito social en varios concellos e nos cinco Centros Penais de Galicia, así como Cursos de intervención con Estranxeiros e Migracións para a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, a Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela e o Colexio Oficial de Galicia de Traballadoras Sociais, FESS e a UNED.

Podes matricularte na actividade aquí.

Máis información no servizo de Secretaría da aula Universitaria de Ferrol (rúa María, 52-54, 15402 Ferrol), no teléfono 981 36 40 26 ou no correo electrónico info@ferrol.uned.es.

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

 

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es