Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Matrícula curso 2019/2020

31 de julio de 2019

Aberto o prazo de matrícula para Graos, Másteres e Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos [+info]

Ata o 23 de outubro está aberta a matrícula para cursar estudos de GraoPosgraos Oficiais e o Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 años durante o 2019/20.

Segundo informa o servizo de Comunicación da UNED, as indicacións para matricularte son as que seguen:

- Graos

Os estudantes de calquera das 28 titulacións de Grao que ofrece a UNED poden matricularse xa na páxina web da universidade. Igualmente, permanece aberto o período de admisión que se iniciou o pasado 18 de xuño. Quen xa sexa alumno da UNED ou teña un título oficial finalizado que lle dea acceso á universidade (Graduado, Técnico Superior de FP, etc.) non necesita solicitar admisión e pode realizar a súa matrícula directamente. Consulta na seguinte ligazón quen debe solicitar admisión.

A UNED ofrece ademais a posibilidade de realizar calquera dos seus 11 Graos Combinados, unha modalidade que permite obter dúas titulacións de Grao distintas cursando unha delas completa e, como máximo, a metade dos créditos necesarios para a obtención da segunda.

Másteres EEES

No caso dos posgraos oficiais, os estudantes de nova matrícula están aínda en prazo para solicitar a súa admisión en todos os másteres, a excepción do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, o Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas e o Máster Universitario en Investigación en Intelixencia Artificial. En canto á matrícula definitiva, poderá realizarse no mesmo período, do 5 de xullo ao 23 de outubro, de forma online. Os estudantes antigos de máster realizarán a súa preinscrición do 10 ao 30 de setembro, excepto os matriculados no Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, que o farán do 2 ao 9 de setembro. Unha vez admitidos, poderán matricularse ata o 23 de outubro.

Os másteres que non completen as prazas ofertadas poderán abrir un segundo prazo de admisión entre o 2 e o 9 de setembro.

- Doutoramento, idiomas e moito máis 

Actualmente, permanece aberto ata o 12 de xullo o prazo de solicitude de admisión para os Programas de Doutoramento do Espazo Europeo de Educación Superior, cuxa matrícula se realizará do 14 de outubro ao 15 de novembro.

próximo 3 de setembro abrirase tamén o prazo de matriculación para os cursos do Centro Universitario de Idiomas Dixital e a Distancia, que se prolongará ata o 8 de novembro. Unha vez iniciado o curso académico abrirase o prazo de matriculación en Formación Permanente, cuxa oferta provisional de cursos pódese consultar xa aquí.

AVISO: Último ano para antigos Bachareis

Os estudantes cun título de Bacharel do sistema educativo español, anterior ao actual, poden matricularse nun Grao da UNED sen necesidade de ter superadas as probas de acceso á Universidade. Os estudantes do bacharelato actual (regulado na Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro -LOMCE), si necesitan ter superada a EBAU. Esta normativa de admisión da UNED cambiará no curso 2020/2021 polo que este ano é a última oportunidade para matricularse nun Grao da UNED cun título de bacharelato antigo sen probas de acceso superadas.

Trámites administrativos

A matrícula realízase online a través da páxina web da UNED (www.uned.es). O servizo de matrícula permanecerá inactivo entre o 2 e o 18 de agosto con motivo do peche vacacional da UNED. 

Consulta os prezos por crédito para Graos, Másteres, Doutoramento, Acceso á Universidade e outros trámites aquí.

Para máis información, podedes contactar coa secretaría do Centro Asociado na Coruña no teléfono 981 14 50 51 e coa Aula de Ferrol no teléfono 981 36 40 26. 

 ----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Horarios provisionais+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
Día del Libro 2024. Buscamos tus recomendaciones. ¡¡Participa!!+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es