Matrícula activa segundo cuadrimestre
1 de febrero de 2017
Do 1 de febreiro ao 8 de marzo, para Graos e algúns Másteres oficiais.

Para que estudos?
Como se formaliza?
- En liña.
- Accede á plataforma aquí.
- Consulta as instrucións de matrícula aquí.
Quen se poderá matricular neste segundo cuadrimestre?
- Estudantes que non o fixeron antes nos estudos aos que queiran acceder.
- Estudantes que se matricularon en setembro dun número determinado de créditos e queiran agora ampliar a matrícula.
- Estudantes que aínda sen cumprir os créditos mínimos que marca a normativa, réstelles para concluír o seu Plan de Estudos só dúas materias cuadrimestrais ou unha anual, ademais do Traballo Fin de Grao ou Máster.
- Os estudantes acollidos ao Programa de Estudos Universitarios en Centros Penais, poderán ampliar a súa matrícula durante este prazo, se cumpren os requisitos xerais de créditos xa matriculados e atendendo ás especificidades recollidas no dosier informativo do programa. *Non poderán matricularse do Traballo Fin de Grao.
- Proba Libre para o Acceso a Maiores de 25 e 45 anos -que se celebrará na convocatoria de exames de xuño- poderán facelo do 1 ao 15 de febreiro, a condición de que non estean xa matriculados no Curso de Acceso á Universidade.
- As prácticas experimentais: a matriculación destas materias só estará dispoñible durante o mes de febreiro.* Falar coa Secretaría do Centro Asociado 981 14 50 51.
Exclúense deste período de matrícula
- As materias con prácticas curriculares.
- As anuais ou de primeiro cuadrimestre.
- Os Traballos ou Proxectos Fin de Grao, salvo excepcións especificadas na normativa para ambos os casos.
- A materia Traballo Fin de Máster estará condicionada á aceptación por parte do coordinador do Máster correspondente.
Durante canto tempo estará activo este segundo período de matrícula?
- Do 1 de febreiro ao 8 de marzo de 2017.
Prezos públicos para o curso 2016/2017 aquí.
Máis información aquí.
----------------------------{}---------------------------
Nota de prensa aquí.
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
Google+
Youtube
Blog UNED Sénior A Coruña