Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Mediación no ámbito educativo"

20 de febrero de 2017

Os días 3 e 10 de marzo nas modalidades en liña e presencial.

A mediación, como ferramenta para resolver conflitos entre persoas coa axuda dun terceiro -o mediador/a-, está a gañar un protagonismo relevante nos seus distintos ámbitos de aplicación. Na contorna educativa este procedemento adquire -se cabe- maior valor ao tratarse dun recurso menos invasivo fronte a outros sistemas de solución de conflitos dentro da aula. O diálogo e escoita entre as partes -alumno, profesor, director ou pai e nai- así como o seu carácter voluntario, contribúen á boa marcha do procedmiento e convida á procura de solucións.

Os próximos 3 e 10 de marzo, en sesións de tarde, a sede da UNED coruñesa programa o curso "Mediación no ámbito educativo" Actividade que se desenvolverá nas modalidades en liña e presencial e pola que se concederá 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro UNED A Coruña, será a directora do curso. A docencia correrá a cargo de Rosa Sánchez González-Dans, avogada e Máster en Mediación, á fronte destes cursos desde o inicio da súa programación no Centro Asociado.

Esta formación é especialmente útil para aprender a resolver este tipo de conflitos nos centros educativos dunha maneira eficaz e pacífica, xerando un bo clima de convivencia e potenciando as habilidades persoais e sociais dos alumnos. De interese a estudantes do ámbito social; psicólogos, traballadores sociais e educadores, ou ben a aqueles profesionais que traballan con menores e familias.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es