Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Mediación no ámbito educativo"

23 de enero de 2018

Os días 16 e 23 de febreiro na sede da Coruña.

O Centro Asociado da UNED na Coruña organiza o curso "Mediación no ámbito educativo". Trátase dunha actividade formativa enmarcada dentro do "Ciclo de Mediación", que se imparte ao longo deste curso académico 2017/2018.

O proceso de mediación no marco educativo trata de dar resposta ao conflito interpersoal nun espazo colaborativo e seguro. Desde un punto de partida de vontade entre as partes, os axentes concorrentes a través dun terceiro, o mediador, buscan unha solución amigable nun ambiente de respecto mutuo. Achegar novas ideas, detectar espazos de encontro, comunicar intereses das partes, facilitar a comunicación e localizar a mellor das solucións, son algúns dos aspectos crave na misión dun mediador.

Rosa Sánchez González- Dans, avogada e Máster en Mediación, será a responsable de impartir a docencia do curso.

As sesións poderán seguirse de forma presencial desde na sede da Coruña, rua Educación, número 3, ou ben a través da modalidade en liña.

O curso consta de 25 horas lectivas, organizadas en dúas sesións de tarde os días 16 e 23 de febreiro e ao seu termo, certificarase ao alumno con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es