Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Mediación no Ámbito Educativo (Curso 2018-2019)

3 de diciembre de 2018

O terceiro curso do Ciclo de Mediación 2018/19 celebrarase os vindeiros venres 14 e 21 de decembro na sede da Coruña, en modalidade presencial e streaming directo

A sede da UNED da Coruña acolle o curso "Mediación no ámbito educativo" os días 14 e 21 de decembro. Realizarase en horario de tarde e pode seguirse en directo a través de streaming

A actividade está destinada a coñece-lo proceso de mediación e a súa aplicación en conflitos nos que interveñen menores, sendo especialmente útil para aprender a resolvelos dun xeito eficaz e pacífico, xerando un bo clima de convivencia no cal educar, potenciando as habilidades persoais e sociais nas aulas. 

Está especialmente dirixido a estudantes e profesionais do ámbito educativo e social: pedagoxía, psicoloxía, traballo social, educación social, dereito, etc., así como tamén pode resultar axeitado para calquera profesional que traballe con menores e familias.

Do mesmo xeito que no resto de cursos que conforman este Ciclo do Centro UNED A Coruña, proporcionarase a formación teórica indispensable para o exercicio dunha boa mediación, pero tamén se profundará no seu aspecto práctico: realizando exercicios e simulacións que permitan poñer en uso os coñecementos adquiridos, así como tamén axudar a desenvolver as habilidades e técnicas necesarias para levar a cabo unha mediación de calidade.

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e máster en Mediación, cunha ampla experiencia como mediadora, estará á fronte deste curso que dirixe Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña.

Esta actividade formativa, que consta de 25 horas lectivas e certificarase con 1 crédito ECTS, impartirase en horario de tarde. Curso que se enmarca dentro da última edición do Ciclo de Mediación 2018/2019, que consta dos seguintes 5 módulos: Iniciación á Mediación: Teoría e Práctica, Mediación no Ámbito Civil e Familiar, Mediación no Ámbito Educativo, Mediación no Ámbito Penal (homologado provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública) e Prácticas de Mediación. En total ofrécense máis de 100 h de formación teórica e práctica sobre a actividade de mediación en diferentes ámbitos.

Podes consultar e descargar o folleto do ciclo aquí (en castelán).

 

Podes inscribirte na actividade aquí.

 

Máis información no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es