Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Mediación no ámbito Penal

14 de noviembre de 2016

Os días 2 e 16 de decembro na sede a UNED na Coruña.

O Centro Asociado acollerá, os próximos 2 e 16 de decembro, o curso "Mediación no ámbito Penal". Trátase dunha actividade formativa de carácter teórico e práctico que abordará este eficaz procedemento para a solución de conflitos: a Mediación, centrada no ámbito Penal.

Regulada en España a través da Lei 5/2012 do 6 de xullo, de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís, e o Real Decreto 980/2013, do 13 de decembro.

Na Mediación penal, vítima e infractor mergúllanse nun proceso de diálogo e comunicación confidencial, conducido e dirixido por un axente mediador que actúa de forma imparcial. Posibilítase, desta forma, a reparación do dano causado e a asunción das consecuencias provocadas, propiciando por medio deste procedemento alternativo, a responsabilidade persoal no imputado e permitindo á vítima ser escoitada e resarcida.

Este curso está dirixido a estudantes e a aqueles profesionais especializados na materia, que queiran coñecer o proceso de mediación e a súa aplicación en situacións de conflito, proporcionando un recurso especialmente útil para a súa resolución no ámbito penal.

Enmarcado dentro do Ciclo de Mediación programado para este curso, está dirixido por Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña, e profesora titora do Centro UNED A Coruña e a carga docente correrá a cargo de Rosa Sánchez González-Dans.

Celebrarase na sede da Coruña e está previsto que se poida seguir nas modalidades presencial e streaming.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es