Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Mesa Redonda: 15 anos da Lei contra a Violencia de Xénero

21 de marzo de 2019

Actividade gratuíta aberta ao público en xeral incluída na programación do Día Internacional da Muller do Centro da Coruña que se celebrará o vindeiro luns 25 de marzo nas modalidades presencial e en liña (streaming directo)

Neste ano 2019 cúmprense 15 anos da entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Esta medida, que contou co consenso de todo o arco parlamentario, supuxo un punto de inflexión importante, non só a nivel xurídico, senón tamén a nivel social.

Con todo, a pesar dos esforzos da Lei, seguen a producirse diariamente situacións que cuestionan a eficacia destas medidas. De igual modo, a violencia de xénero (a súa definición, ámbito de aplicación, tipo de sanción, etc.) segue a ser un tema controvertido e, a miúdo, cuestionado. Por todo iso, é necesario coñecer, debater e explorar as situacións e retos que se presentan no panorama actual.

Nesta mesa redonda, tres profesoras titoras do Centro UNED A Coruña, profesionais de recoñecido prestixio na investigación e teoría feminista, analizarán a importancia da Lei contra a Violencia de Xénero e revisarán a súa aplicación nos últimos 15 anos desde a perspectiva do dereito e a socioloxía.      

As relatoras serán Obdulia Taboadela Álvarez, profesora-titora do grao en Socioloxía e profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC; Ana Rodríguez Piorno, profesora-titora do grao de Criminoloxía e xuíza Interina dependente do TSJ de Galicia, e Antía Pérez Caramés, profesora-titora do grao en Socioloxía e profesora contratada doutora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC. Cada relatora fará unha intervención sobre un aspecto específico relacionado coa temática xeral da actividade e, tras as intervencións, abrirase o debate e quenda de preguntas para que participe o público asistente.   

A finalidade desta actividade é crear un espazo de reflexión e debate sobre a violencia de xénero, analizar a aplicación da Lei contra a Violencia de Xénero nos últimos 15 anos e reflexionar sobre a eficacia das medidas adoptadas en relación á protección das vítimas, as sancións aplicadas aos maltratadores e as diversas repercusións na sociedade.     

A actividade celebrarase o vindeiro luns 25 de marzo ás 18:30h no salón de actos da sede da UNED da Coruña, aínda que se pode seguir tamén online, en directo a través de streaming; para iso é necesario inscribirse na actividade (podes facelo aquí)

A “Mesa Redonda: 15 anos da Lei contra a Violencia de Xénero” inscríbese na programación especial do Centro UNED A Coruña en torno ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Podes consultar o tríptico informativo sobre a programación do Centro aquí.     

Máis información no servizo de secretaría do Centro UNED A Coruña (rúa Educación, 3 – 15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es     

>>Nota de Prensa<<

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es